Publicacións

bando termalismo 2022

TERMALISMO SOCIAL 2022

TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO Resolución de 16 de novembro de 2021 do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan plazas para pensionistas que desexen participar no programa de Termalismo (BOE nº 284 do 27/11/2021). Prazo de presentación de solicitudes: Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 31 de decembro de 2021. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2022. Para a súa inclusión na lista de agarda de prazas para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: - Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2022 - Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ate o día 30 de outubro de 2022   Si desexan presentar solicitude deberán aportar:              &nb...

paces concello de barro1

PACES Concello de Barro

PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE. Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas ás entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía sostible FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO. Operación cofinaciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014  2021. Unha maneira de facer Europa.

Cartaz Polo Nadal, comercio local 2021

Polo Nadal, comercio local

  Bases 2021/2022. O Concello de Barro xunto coa Asociación de empresarios de Barro (ASEMBarro) convoca a campaña de promoción de compras no ámbito local no período de Nadal 2021/2022. Esta campaña consta de dunha acción dirixida á dinamización das compras entre o sector empresarial do Concello de Barro.  1. ACCIÓN SORTEO vales compra: Dirixido ao sector empresarial do Concello de Barro, co ánimo de dinamizar as compras noso pobo nunhas datas tan salientables como estas, mediante o sorteo de vales de gasto nos comercios, restaurantes, e demais negocios do concello de Barro. 1.1. A participación dos locais no concurso terá lugar mediante a súa inscrición mediante instancia presentada a través do rexistro do concello ou mediante e-mail omix@barro.es 1.2. Datas: -Prazo de inscrición dos locais participantes finaliza o 29 de novembro....

cartel taller de memoria interactiva 2021

TALLER DE MEMORIA INTERACTIVA 2021

TALLER DE MEMORIA INTERACTIVA 2021. O Concello de Barro en colaboración con Cruz Vermella pon en marcha este taller, con destino a maiores de 65 anos. O taller levarase a cabo os luns de 16:30 a 18:00 horas na Casa do Concello de Barro, e dará comezo o 8 de novembro de 2021. As persoas interesadas deberán formalizar a inscripción no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barro a partires do 22 de outubro e o prazo estará aberto ata completar prazas.

axudas sec afec pademia barro

AXUDAS SECTORES SIT PANDEMICA DE BARRO

CONVOCATORIA DE AXUDAS A SECTORES AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA DO CONCELLO DE BARRO.  O obxeto da convocatoria é  paliar en parte a perda de ingresos dos sectores afectados pola crise da COVID-19, como pode ser hostalaría, comercio, ximnasios, ocio, cultura ou similares, sempre que sexan pemes con ata 10 persoas empregadas e autónomos. O prazo de presentación de solicitude é de 20 días naturais contados a partires da publicación do anuncio no BOPPO (Núm. 149 do05/08/2021). As bases da subvención atópanse colgadas na BDNS co núm. 575406. Toda a documentación (Bases, anuncio e anexos: solicitude e declaración) pódese consultar e descargar en https://barro.sedelectronica.gal/board/975b37c8-f59b-11de-b600-00237da12c6a/