26 DEC. NADAL NO PAZO. CONCERTO NA CAPELA

🎻 Descobre a maxia da música nun escenario íntimo e especial! 🎶
Comprácenos convidarvos a un marabilloso concerto de música tradicional que terá lugar na máxica Capela de Santo Antón, no Pazo da Crega, un recuncho único cheo de historia e acústica excepcional. 🕍
📅 Data: 26/12/2023
🕕 Hora: 20:00 horas
📍 Lugar: Capela de Santo Antón Pazo da Crega
Localización: 42.5267297303715, -8.639023098500132
Este evento tan especial contará cos músicos, Josele e Lucía Comesaña que nos transportarán a través das notas polo Camiño. A atmosfera íntima da capela garante unha experiencia única e emotiva. 🎼🕯️
Dado que queremos preservar a intimidade e a calidade acústica do espazo, o aforo é limitado. Asegura a túa entrada achegándote un pouquiño antes para non perder esta experiencia única!

XXIII CONCURSO POSTAIS DE NADAL

🎄 Participa no Concurso de Postais de Nadal! 🎄
 
A maxia do Nadal chegou e con ela o Concurso de Postais de Nadal!
 
🌟✉️ Este ano, convidámosvos a compartir do espírito festivo a través das vosas creacións únicas.
Como participar?
 
🎨 Deixa voar a túa imaxinación e crea a postal máis festiva, un deseño innovador ou unha creación clásica.
 
📝 Temos un modelo onde realizar a postal, pasádevos a recollelo pola OMIX de Barro, ou nos centros educativos de Barro.
 
✨Durante o Nadal as vosas creacións estarán expostas no Pazo da Crega. Esta é unha boa oportunidade de compartir os mellores desexos cos veciños/as!
 
🎁Data límite para participar: ata o 19 de decembro de 2023.
 
🌠Máis información na OMIX de Barro ou na web barro.gal