Espazo concilia 2024

🏡 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝗰𝗲𝗿-𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟰

O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2024.

Este ano ofrécense un total de 200 prazas para os meses de xullo e agosto.

O prazo de presentación de solicitudes será do 4 ao 24 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.

Xunto coa solicitude os interesados deberán entregar a seguinte documentación:

  • DNI do solicitante e do representante
  • Libro de Familia
  • Tarxeta sanitaria do menor
  • Volante de empadroamento
  • Xustificante da situación laboral dos proxenitores/titores
  • Xustificante bancario de ingreso da cota

Para acceder aos seguintes documentos de interés prema no seu título:

Proxecto Libera: recollida de basuraleza

♻️ Recollida realizada nos arredores do campo de fútbol e en zonas públicas e privadas na zona de Cesto Redondo e do Outeiro. Os residuos serán clasificados no Punto limpo.

🤝 Agradecemento a todos @s voluntari@s e á Comunidade de Montes da Portela pola súa colaboraración e implicación nesta xornada de recollida de barusaleza dentro do Proxecto Libera.

#LIBERA1m2#basuraleza#ProyectoLIBERA

Convenio de colaboración entre o concello a Banda Xuvenil de Barro

🤝 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e Ana María Piñeiro, Presidenta da Banda de música xuvenil de Barro, renovaron o convenio de colaboración entre ambas entidades para o presente ano.

O concello aportará a cantidade de 9.200 euros para axudar ao financiamento da Escola de música de Barro e da Banda xuvenil de Barro, que realizan un gran labor de formación tanto de cativas/os como de mozas/os da localidade e que o goberno municipal quere seguir apoiando, por consideralo un dos maiores tesouros culturais e sociais de Barro.

Na sinatura estivo presente Roberto Rivas, concelleiro da área de Cultura.

𝗣𝗿𝗼𝘁𝗲𝘅𝗲 @𝘀 𝗻𝗲𝗻@𝘀 𝗱𝗼 𝘁𝗮𝗯𝗮𝗰𝗼

Hoxe, 31 de maio, conmemórase o 𝐷𝘪́𝑎 𝑀𝘶𝑛𝘥𝑖𝘢𝑙 𝑠𝘦𝑛 𝑡𝘢𝑏𝘢𝑐𝘰. Desde os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de resaltar os riscos asociados ao tabaquismo; tanto para a saúde, como noutros ámbitos,e avogar por políticas eficaces para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o seu abandono entre as persoas fumadoras.

Resaltamos o lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2024, que se centra na protección da xuventude, demandando que a industria do tabaco cese de dirixirse a este grupo con produtos nocivos para a saúde, utilizando como lema:

“𝑷𝙍𝑶𝙏𝑬𝙓𝑬 𝑨𝙊𝑺/𝑨́𝙎 𝙉𝑬𝙉𝑶𝙎/𝘼𝑺 𝑫𝘼 𝙄𝑵𝙏𝑬𝙍𝑭𝙀𝑹𝙀𝑵𝘾𝑰𝘼 𝘿𝑨 𝑰𝙉𝑫𝙐𝑺𝙏𝑹𝙄𝑨 𝑻𝘼𝑩𝘼𝑸𝙐𝑬𝙄𝑹𝘼”

Programación da XLV Festa do Viño de Barro

A programación da Festa do viño de Barro contará, un ano máis, cun espazo protagonista para a cultura local, nunha edición na que o encargado de dar o pregón será ramón Ballesteros, enfermeiro durante 24 anos no centro de saúde de Barro e que deixou unha fonda pegada entre a veciñanza.

As actuacións de Jorge Menéndez e Son das Tabernas complementan as actuacións de catro orquestras de primeiro nivel como son París de Noia, Marbella, Capitol e La Ola ADN. A Banda Xuvenil de Barro será a encargada de poñerlle o ramo á festa desta vez será co espectáculo Verbena Sinfónica.

Tamén haberá espazo para a música tradicional, co Grupo de danzas Amor Ruibal, que se encargará da inauguración do XVII certame Rías Baixas, e as pandereteiras da AC Peñaflor. E en canto á música coral, actuarán a Coral Polifónica de Barro e a Coral da Portela.

Ademais das distintas e diversas actuacións musicais, nesta edición haberá tamén actividades pensadas para os máis cativos, un espazo para deporte cun torneo de tenis e outro de fútbol, unha exposición de motos clásicas e a tradicional sardiñada e xantar popular.

As catas finais celebraranse o domingo 16, momentos antes da entrega de premios nos que se coroarán os mellores viños locais caseiros e os mellores viños das adegas da DO Rías Baixas.

Barro intégrase no circuíto VI Rallye de Pontevedra

🏎️💨 O Rallye de Pontevedra terá por vez primeira un control de paso no Concello de Barro, no recinto do Pazo da Crega.

🚗 Será este vindeiro sábado día 1 de xuño. A partir das 17:30 h irán chegando cunha frecuencia de 1 minuto os vehículos dos máis de 120 equipos participantes. Os participantes realizarán un control de paso e partirán desde Barro cara Sanxenxo.

🚓 O día 1 a partir das 15:00 horas non estará permitido estacionar nin acceder con vehículos ás inmediacións do Pazo da Crega.

👩‍👧‍👧 Haberá zonas habilitadas para o público

II Carreira Popular da Festa do Viño de Barro

👟 Abertas as inscricións para a 𝗜𝗜 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗮 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼 𝗩𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼, unha actividade que o concello de Barro organiza coa colaboración do Club de Atletismo +9.

✍🏻 A inscrición e a consulta do regulamento pódese facer en liña, a través da seguinte ligazón: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/ii-carreira-popular-da-festa-do-vino-de-barro/?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTAAAR0VNaBlqL5PH5XUTkwtlpC2Zliti5PhylYX0WeQmKal2hQBryyAi_41orc_aem_AZLU0OfE3n1KLJdexGO1wrU7zblH1qUJiC2-BqvYVUtnKxOfMFjbCn1gq7TK7Pgss9n5l_bNIIq49OUjTcLRnzbx

Presentación da obra de Rudesindo Lago

O vindeiro 11 de maio ás 20:30 h terá lugar na Biblioteca pública de Barro a presentación da triloxía “A vida é literatura”, do noso veciño Rudesindo Lago