Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea polo Programa FSE+ Galicia 2021- 2027”.
O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.
O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.
O vindeiro 6 de decembro volve unha das citas máis agardadas para @s amantes do ciclismo de montaña. Prepara a túa bici e ven gozar dun percorrido mimado ata o último detalle, pensado para vivir a mellor experiencia encima da bici e gozar do inmenso patrimonio natural que agochan os montes de Barro.
Esta proba está organizada polo Concello de Barro e o Club Ciclista Ribadumia e coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, Protección Civil de Barro e as Comunidades de montes de Perdecanai, da Portela e de Barro
O Alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Cultura, Adrián Silva, recibiron no concello á Banda de música xuvenil de Barro para parabenizar ao conxunto artístico polo seu recente éxito XIX Certeme Galego de Bandas, acadando o primeiro premio na sección terceira.
O alcalde aproveitou a ocasión non só para darlle os parabéns polos éxitos no Certame, senón por toda a sua traxectoria e polo labor de formación tan importante que desenvolven.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, mantivo unha xuntanza de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Un encontro solicitado polo alcalde para abordar a situación da estrada autonómica PO-531 ao seu paso polo municipio e dar seguimento aos compromisos adquiridos pola Consellería co alcalde para o presente mandato no tocante á execución dos proxectos previstos para este vial.
Durante a xuntanza, a conselleira trasladou que nestes momentos estase a realizar un traballo de consultoría interna co fin de unificar os distintos proxectos existentes para a PO-531, de xeito que se poidan materializar coa maior axilidade posíbel.
En relación ao tramo vello da PO-531 ao seu paso por Outeda, o alcalde expuxo a necesidade de urxir actuacións de urbanización e calmado de tráfico neste punto, que funciona como un dos accesos directos ao polígono industrial e soporta un volume moi elevado de circulación, dificultando a convivencia e a seguridade da veciñanza da zona.
Ante esta solicitude, a conselleira pediu ao Concello a elaboración dunha valoración e relación detallada das obras necesarias. A partir deses datos, estudarase a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas as administracións para executar as melloras e avanzar cara á futura cesión do vial á titularidade municipal.
O alcalde fai unha valoración positiva do encontro, agradecendo a disposición da Consellería e confiando en que, tal e como asegurou a titular do departamento autonómico, ao longo deste mandato se executen estas actuacións de seguridade viaria tan necesarias para a PO-531 e para o conxunto da veciñanza de Barro
Xa están totalmente rematados os traballos de mellora nos accesos ao lugar de Constenla, na parroquia de Barro. Esta actuación permitiu renovar a capa de rodadura ao longo de arredor de 700 metros, conectando Constenla coa estrada da Deputación en Chan de Santos, ademais de acometer a recollida e canalización das augas pluviais.
As obras foron executadas pola empresa Marconsa, ao presentar a mellor oferta no proceso de licitación. O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Medio Rural, Obras de Accesos a núcleos, Seguridade Viaria e Humanizacións, Iván Bello Ferreiro, visitaron a zona para comprobar en persoa o correcto remate dos traballos.
O investimento total ascendeu a 56.766,94 euros, dos cales o Concello de Barro achegou 9.852,11 euros e a Xunta de Galiza financiou 46.914,82 € a través do programa de axudas para camiños rurais 2026-2027, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027.
A nova instalación do Outeiro estará adaptada para bicicletas, patinetes e ‘skates’, e ofrecerá un novo espazo de lecer e convivencia para a mocidade.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Barro aprobou a adxudicación das obras de construción do novo circuíto de pumptrack á empresa LA PALA CIRCUÍTOS E EXCAVACIÓNS, ao resultar elixida a súa proposta por ser a mellor oferta presentada no proceso de licitación.
O proxecto conta cun orzamento total de 96.000 euros, financiado con cargo ao Plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra. O inicio dos traballos no terreo está previsto para as vindeiras semanas.
A nova infraestrutura situarase no lugar do Outeiro, nunha parcela anexa á piscina municipal, co obxectivo de seguir completando e ampliando a rede de equipamentos deportivos e de lecer do municipio.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, salientou a importancia desta actuación para a mocidade local: “apostamos decididamente por este novo equipamento deportivo para ofrecer á mocidade de Barro unha nova opción de lecer e de práctica deportiva, así como un espazo para fomentar a relación social entre a mocidade. Queremos dotar ao municipio de instalacións modernas, ao aire libre e adaptadas a novas formas de ocio creando un espazo de encontro saudable para a veciñanza”.
Un circuíto de pumptrack é unha pista deseñada con curvas, lombas e peraltes na que as persoas usuarias poden desprazarse aproveitando a inercia e o propio impulso do corpo. Trátase dunha instalación moi versátil, apta para a práctica con bicicletas, patinetes, monopatíns ou skates.
Aínda que é un espazo aberto a persoas de todas as idades, está especialmente deseñado para o goce das nenas, nenos e da mocidade de Barro. Con esta nova dotación, o Concello reafirma o seu compromiso co fomento da actividade física ao aire libre, a promoción de hábitos de vida saudables e a diversificación das disciplinas deportivas no municipio.