Skip to content

Recepción á Banda Xuvenil de Barro após a súa vitoria do XIX Certame Galego de Bandas

O Alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Cultura, Adrián Silva, recibiron no concello á Banda de música xuvenil de Barro para parabenizar ao conxunto artístico polo seu recente éxito XIX Certeme Galego de Bandas, acadando o primeiro premio na sección terceira.

O alcalde aproveitou a ocasión non só para darlle os parabéns polos éxitos no Certame, senón por toda a sua traxectoria e polo labor de formación tan importante que desenvolven.