CONTOS CON PAULA CARBALLEIRA

O sábado día 14 de setembro, temos unha cita especial, na Biblioteca de Barro, coa maxia dos contos!
 
A coñecida contista e escritora Paula Carballeira visitaranos para compartir connosco historias cheas de aventuras, irmás valentes e camiños únicos. 
 
Nos seus contos, como nas mellores aventuras, hai tres irmás: a maior, a do medio e a pequena, e o máis importante de todo… cada unha delas ten un nome propio, porque o nome é clave para que a historia quede na memoria.
Tamén hai camiños que levarán a cada irmá ao seu destino, porque non hai só unha forma de vivir a aventura! 🛤️🌲 E perigos… Pero que maior perigo que aquel que fai pequenos aos outros?
 
Ven e escolle o teu camiño nunha mañá de historias inesquecibles con Paula Carballeira!
📅 Data: 14/09/2024
🕒 Hora: 12:00
📍 Lugar: Biblioteca de Barro.
🚶‍♀️Idade recomendada: a partir de 4 anos
Ven só ou trae aos teus amigos.
📲 Máis información no 690722812. As prazas son limitadas, achégate á biblioteca a inscribirte!
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.

 

A UTÓPICA RODANTE. “De Vilatriste a Vilalegre”

Este venres 6 de setembro ás 20:30, na Nave da Música, poderedes desfrutar dunha divertida peza de títeres a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro ata o Concello de Barro.
Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?