Como cada ano na véspera do festivo de San Breixo as cativas e cativos teñen unha festa para elas/es!
Campo da festa de San Breixo
(No caso de posibilidade de choiva farase no pavillón municipal de Santo Antoniño)
Este venres 27 de setembro #Toponimízate chega ao Concello de Barro cunha nova charla sobre como usardes a aplicación #GaliciaNomeada para serdes partícipes da conservación e xeorreferenciación dos nomes das leiras, montes, soutos e outros microtopónimos. Todos eles fan de Galicia un lugar excepcionalmente rico nun patrimonio inmaterial que temos a obriga de preservar.
Agardámosvos ás 20:00 horas na Casa do Concello de Barro. A sesión correrá a cargo do coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG, Vicente Feijoo.
O alcalde, Fernández Abraldes, e o concelleiro de Deportes, Iván Bello Ferreiro, supervisaron o remate das obras de renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Santo Antoniño.
Estas obras executáronse durante os meses de verán, por ser a época de menor uso das instalacións, e o obxectivo era que estiveran rematadas a tempo para o inicio do curso escolar.
Ademais da renovación da cuberta, nos vindeiros meses realizaranse outros traballos para rematar coa renovación integral das instalacións. Así, renovarase a pintura interior, substituirase a caldeira de gasoil por unha bomba de calor e implantaranse 80 placas solares na nova cuberta para dar servizo eléctrico ás instalacións municipais localizadas nas inmediacións do Santo Antoniño.