Feira de Barro

Regresa a Feira de Barro o domingo 1 de setembro.

Temos o pracer de anunciar que o vindeiro 1 de setembro, volve a nosa Feira de Barro.

Como en anteriores ocasións, poderedes atopar produtos frescos de proximidade, artesanía de calidade, moda e moito máis. É unha excelente oportunidade para adquirir produtos únicos e gozar dun ambiente acolledor e familiar.

📅 Data: tódolos domingos  a partir das 16:00 horas.

Pincha para atopar a localización:📍 Lugar

A Concellería de Turismo, Festas e Feiras está preparando diferentes actividades lúdicas e sorteos para o disfrute de tódolos veciñ@s e visitantes.

Agardámosvos en Barro.

FESTA HOLI

Este domingo, rematamos as actividades de “Xoves ao Clareo” cunha Festa Holi con DJ, que non vos podedes perder! 🎨🌈
Vinde preparados para unha explosión de cores, música e bo ambiente, perfecta para despedir este ciclo de actividades.
Unha oportunidade única para compartir risas, baile e facer comunidade dunha forma divertida e chea de cor.
📅 Data: Este Domingo
🕒 Hora: 21:00
📍 Lugar: Pazo da Crega
🤿Non esquezades traer gafas de buceo e moitas ganas de pasalo ben!
Será unha tarde inesquecible. Contamos con vós para darlle o mellor fin de festa a “Xoves ao Clareo”. 🎶🎉
☎️Podedes reservar a vosa praza no 690722812 ou pasar pola OMIX de Barro.
Vémonos alí! 💥

CULTURA URBANA: obradoiros de Breakdance, Stencil e Rap.

O xoves 29 de agosto chega a CULTURA URBANA ao Concello de Barro, co programa #FalaRedes de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Das 20:00 ás 23:00 teremos obradoiros de Breakdance, Stencil e Rap 💙💙
📅 Data: Xoves de 29 agosto
📍 Lugar: Pazo da Crega.
🎉 Dirixido a: Mozos e público en xeral
ACTIVIDADES:
💙Breakdance
🧡Stencil
💚Rap
📞 PODES RESERVAR A TÚA PRAZA no 690722812 (horario de 9:00 a 15:00)
Tamén podes inscribirte a partir das 20:00 no mesmo Pazo da Crega.
📍 Podedes vir sos ou en grupo.
Para máis información, segue as nosas redes sociais e mantente ao tanto de todas as novidades.
Organiza: Concello de Barro e OMIX Barro
¡Esperámoste! 🌞

Reunión de portavoces para abordar a situación da sanidade en Barro

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, convocou unha reunión de portavoces dos distintos grupos municipais con representación na corporación para falar da situación da sanidade no municipio, á que asistiron Roberto Rivas, portavoz do BNG, José Sanmartín, portavoz do PSOE, e Eduardo Ruadas, portavoz do PP. A única ausencia foi a do portavoz de PX’s, José Antonio Landín. Esta xuntanza foi promovida pola concelleira de Benestar, Lía Rodríguez, a través dun rogo ao alcalde na sesión plenaria ordinaria do mes de xullo.

No encontro constatouse a preocupación unánime pola situación do servizo sanitario que se está prestando no centro de saúde de Barro durante este verán, pois, ademais da problemática que se xera todos os anos ao non cubrir as vacacións de ningúns dos profesionais que atenden a medicina de familia no noso centro de saúde e que provoca, desde sempre, que cando un titular está de vacacións a outra persoa ten que facerse cargo da atención a todos e todas as veciñas de Barro, cos retrasos e complicacións que iso supón para unha atención de calidade, este ano vénse sumar tamén a xubilación dun deses profesionais.

Esta xubilación provoca que o centro de saúde fique unicamente cunha soa médica e que, cando esta non pode estar, o centro de saúde quede practicamente desatendido, pois unicamente mandan unha persoa a media xornada para facerse cargo da totalidade de doentes do centro de saúde. O que se deriva en que só se pode dar cita a unha parte mínima das solicitudes e que moitas veciñas e veciños teñan que desprazarse ao PAC de Pontevedra para poder recibir atención médica. Por este motivo, o alcalde e os portavoces municipais, acordaron dirixirse á xerencia da Área sanitaria Pontevedra-Salnés para solicitar que a praza que quedou vacante por xubilación se cubra de forma urxente e definitiva para paliar a situación que se está a provocar e, ao mesmo tempo, que se nalgún outro momento por algunha circunstancia puntual se volve producir que ningún dos facultativos titulares pode prestar o servizo, que a persoa substituta veña cun contrato a xornada completa e non de xornada parcial, para poder atender o maior número de citas posibles

Mellora da seguridade viaria e dos accesos nos núcleos de Valbón, A Áspera e A Porriña

O concello de Barro continúa a súa aposta por poñer en valor as parroquias mellorando a accesibilidade a todos os núcleos de poboación, así como a seguridade para persoas e vehículos. Agora será a quenda dos núcleos de Valbón, A Áspera e A Porriña, nas parroquias de Agudelo e da Portela.

O executivo local vén de adxudicar un porxecto cal se renovará a pavimentación da pista paralela á vía do tren, no acceso ao lugar de Valbón, así como a mellora do pavimento e ampliación do ancho da estrada no lugar da Áspera. Con este porxecto tamén se actuará no lugar da Porriña.

O orzamento desta actuación ascende a 110.242 euros, que se financiará con cargo ao Plan Máis Provincia 2024. A empresa encargada dos traballos será COVSA, por representar a mellor oferta presentada. Prevese que os traballos poidan comezar no mes de setembro.

Posta en funcionamento dun novo espazo de lecer

O alcalde, Fernández Abraldes, e a concelleira Rocío Martínez, supervisaron o remate das obras de construción dun parque de xogos e de lecer na rúa Carrasqueira, no entorno do novo acceso a Valbón.

Este novo parque está composto por xogos de escalada, calistenia e unha tirolesa. E nos vindeiros días colocaranse bancos.

Esta actuación contou cun orzamento de 24.079 euros e foi executada pola empresa Galega de Actuacións no Rural S.L., por ser a mellor oferta presentada.

Festas da Portela 2024

🎇 O vindeiro 10 de agosto terá lugar a Festa da Portela. Aquí vos deixamos a programación.

Mellora de acceso ao lugar do Concello

Nestes días darán comezo os traballos de mellora do acceso ao núcleo do Concello, na parroquia de Agudelo.

Esta actuación consistirá na renovación total do pavimento e da mellora da seguridade para vehículos e peóns en todo o entorno.

Para este proxecto cóntase cun orzamento total de 55.799,96 euros, dos cales 46.115,67 € proveñen dunha subvención da Consellería de medio Rural. Os restantes 9.684,29 euros fináncianse con fondos propios municipais.