SAMAÍN EN BARRO

SAMAÍN EN BARRO.
Prepara a túa axenda e sinala a data do día 31☠️👻.
No Pazo da Crega poderás disfrutar dunhas actividades do máis terroríficas a partir das 18:00 h
🧟Non vos perdades a ambientación e decoración de Samaín!
🧟‍♀️Participade cos vosos Calacús!
AINDA ESTÁS A TEMPO DE ENTREGAR A SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE CALACÚS (ata o 30 de outubro)
🧟‍♂️Acudide á Gala do Concurso de Curtas D-Medo 2023!
-O público decide un dos premios.
PASAREMOS UN SAMAÍN D-MEDO!!!!

XI Concurso Calacús

BASES

  1. Quen pode participar?
  • Concello de Barro invita a participar no XI Concurso de calacús a toda persoa que teña interese no Samaín (rito celta de ano novo) e mais concretamente no emprego dos calacús nestas datas.
  • Poderán participar neste concurso segundo as diferentes idades establecidas no punto 4º destas bases.
  • Na categoría de 18 en diante, poderán participar entregando 2 tipos de calacús: de gran tamaño ou tallados e decorados.
  • Este concurso terá lugar na tarde-noite do 31 de outubro no Pazo da Crega, Rúa do Pazo, nº1, Perdecanai – 36194 Barro, Pontevedra Localización: 42.525391, -8.640184.
  1. Como participar?
  • Prazo de inscrición estará aberto ata o luns día 30 de outubro ás 14:00h.
  • Poderán recoller e entregar a instancia de solicitude na oficina de información xuvenil do Concello de Barro, situada en Santo Antoniño Perdecanai nº 12.
  • A recepción dos calacús inscritos realizarase o día 31 de outubro no Pazo da Crega de 18:00 a 19.30 horas.
  • No caso dos participantes menores de idade deberán ir acompañados dun adulto responsable.
  • A organización resolverá, se é necesario, no acto, calquera cuestión e imprevisto que se presente durante o desenvolvemento do concurso e que non estea recollido explicitamente nas bases do mesmo.
  1. Votación:
  • O xurado reunirase de 19:30 a 20:00 no Pazo da Crega, para a selección e cualificación dos calacús presentados a concurso. O xurado repartirá os vales dos premios ás 20.15 horas, que posteriormente trocaranse polos correspondentes premios, nas oficinas do Concello de Barro.
  • A participación no concurso implica a aceptación das seguintes bases e para o que non estea previsto aplicarase o que o xurado asignado designe.
  1. Premiose xurado:
  • Un xurado composto polo Concelleiro de Cultura ou persoa en que delegue e tres representantes dos movementos culturais e asociativos do concello elixirán os calacús que estean mellor elaborados e que sexan máis atractivos, sempre adaptados ás diferentes idades que se presentan.

Categorías e premios:

*Rapaces/as de 3 a 6 anos: 

1º premio ao calacú mellor tallado/decorado.30€

 2º premio ao calacú mellor tallado/decorado.25€

3º premio ao calacú mellor tallado/decorado.20€

*Rapaces/as de 7 a 11 anos:

1º premio ao calacú mellor tallado/decorado.30€

2º premio ao calacú mellor tallado/decorado.25€

3º premio ao calacú mellor tallado/decorado.20€

*Mozos/as  de 12 a 17 anos:

– 1º premio ao calacú mellor tallado/decorado. 30€

2º premio ao calacú mellor tallado/decorado.25€

3º premio ao calacú mellor tallado/decorado.20€

*Adultos de 18 anos en diante:

– 1º premio ao calacú mellor tallado/decorado. 40€

-1º premio maior tamaño.40€

  • O fallo do xurado e inapelable.
  • Os premiados/as deberán entregar no prazo máximo de 15 días naturais a documentación necesaria para que o concello realice o pagamento, de non ser así o premio considerarase deserto.

Utilización de nome, imaxe dos participantes.

-Os participantes prestan o seu consentimento expreso ao Concello de Barro no caso de que esta entidade decidise utilizar o nome ou imaxe en calquera soporte de comunicación, incluídas páxinas web e redes sociais, etc., con fins informativos ou promocionais, sempre que estas se relacionen co presente concurso, sen que isto xere dereito a favor dos gañadores e finalistas a recibir contraprestación algunha por iso. Devandito consentimento préstase de forma gratuíta, por iso, sen limitación territorial nin de soportes e coa vixencia temporal máxima establecida na lei.

Concello de Barro asume o dereito en exclusiva do emprego das imaxes dos calacús gañadores do concurso para o seu uso posterior.

Datos persoais:

– Os datos facilitados polos usuarios empregaranse para a comunicación dos gañadores e, ademais, incorporaranse nun ficheiro titularidade do Concello de Barro para usos administrativos e de xestión do concurso.

– Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada do Concello de Barro, Santo Antoniño, Perdecanai, nº 11, 36194 Barro, Pontevedra.

Imprevistos:

O Concello de Barro resérvase o dereito de, suspender ou cancelar o concurso sen previo aviso por calquera razón non imputable ao Concello de Barro, especialmente por causa de forza maior. Para máis información, podedes poñervos en contacto co Concello de Barro no mail omix@barro.es

Foro competente:

Para calquera controversia que puidese derivarse deste concurso, o Concello de Barro e os participantes sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.

Bases e formulario de inscripción: Bases XI CONCURSO Calacús 2023 e formulario de inscrición

 

 

Concurso Curtas D-Medo 2023

O Concello de Barro volverá contar co Festival de Curtas de D Medo neste Samaín, un evento que se consolida ano trás ano e no que se presentan interesantísimos traballos. A proxección das curtas e a entrega de premios terá lugar nunha gala o día 31. 

As curtas deben ter unha duración máxima de 3 minutos. O xénero o enfoque ou o número de personaxes corren pola elección d os participantes.
O prazo para a presentación dos traballos remata o venres día 27 outubro ás 14:00 horas. As bases do concurso pódense consultar na oficina da OMIX de Barro ou en:

Bases CURTAS D-MEDO 2023 e Anexos de Inscrición