Pleno de Organización do mandato 2023-2027

A organización da corporación e do goberno municipal para o vindeiro mandato, despois da celebración do Pleno de organización, queda da maneira que segue:

🟩 Voceir@s dos grupos políticos no Pleno:

▪️ BNG: Roberto Rivas Reboredo
▪️ PSOE: José Sanmartín Soto
▪️ Xuntos: José Antonio Landín Eirín
▪️ PP: Eduardo Ruadas García

🟩 Dedicacións e retribucións por asistencias a órganos colexiados:

▪️ Dedicación exclusiva ao alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes: 34.500 euros brutos anuais
▪️ Media dedicación ao primeiro tenende de alcalde, José Sanmartín Soto: 17.000 euros brutos anuais
▪️ Asistencia a Plenos: 100 euros
▪️ Asistencia a Xuntas de Goberno Local: 50 euros
▪️ Asistencia a Comisións: 30 euros

🟩 O Goberno municipal está intregado por 5 concelleir@s do BNG e por 3 do PSOE. O alcalde delega nos membros do Goberno as seguintes competencias. Todas as non delegadas expresamente son competencia directa da Alcaldía:

🔵 BNG:
▪️ Xosé Manuel Fernández abraldes: Alcalde
▪️ María Rocío Martínez Sartal: Medio ambiente, Promoción económica e Emprego
▪️ Roberto Rivas Reboredo: Cultura e Patrimonio
▪️ María Amelia Cancela Cancela: Servizos sociais e Sanidade
▪️ Iván Bello Ferreiro: Accesos a núcleos, Seguridade viaria, Humanizacións, Medio rural, Normalización lingüística, Deporte e Xuventude

🔴 PSOE:
▪️ José Sanmartín Soto: Obras e Servizos
▪️ Digna Lía Rodríguez Barros: Igualdade, Benestar, Educación e Muller
▪️ Rocío Touriño Reboredo: Festas parroquiais, Participación veciñal, Turismo e Feira.

🟩 Composición da Xunta de Goberno Local:

▪️ Xosé Manuel Fernández Abraldes: Presidente
▪️ José Sanmartín Soto: Primeiro tenente de alcalde
▪️ Iván Bello Ferreiro: Segundo tenente de alclade
▪️ Digna Lía Rodríguez Barros: Terceira tenenete de alcalde

🟩 Comisión especial de contas e Comisión informativa de asuntos ao pleno:

▪️ Presidente: Xosé Manuel Fernández Abraldes
▪️ BNG 3 : Mª Rocío Martínez sartal, Amelia Cancela Cancela e Iván Bello Ferreiro
▪️ PSOE: 2: José Sanmartín Soto e Digna Lía Rodríguez Barros
▪️ Xuntos 1: José Antonio Landín Eirín
▪️ PP: Eduardo Ruadas García

🟩 Periocidade das sesións:

▪️ Pleno: 2 meses
▪️ Comisión informativa de asusntos ao Pleno: 2 meses
▪️ Comisión de contas: 12 meses
▪️ Xunta de Goberno: 1 mes

Xestión dos residuos voluminosos

O Concello de Barro ten habilitado un servizo de recollida de residuos voluminosos porta a porta de forma totalmente gratuíta.

Debes ter presente que abandonar residuos a carón dos colectores de lixo ou en calquera outra localización está prohibido e que a persoa que o faga enfróntaste a posibles sancións por delito medioambiental. Para poder facer uso del só tes que chamar ás oficinas municipais.
Lembra que os cascallos e entullos procedentes de obras deben ser tratados por empresas autorizadas e a súa correcta xestión é responsabilade dos promotores da obra.

Curso de iniciación ao Kickboxing

Curso gratuíto de introdución ao Kickboxing, un deporte de contacto, para menores de 16 anos.

O curso levarase a cabo no mes de agosto e terá lugar no pavillón municipal de Santo Antoniño. Os horarios variarán en función das idades e das categorías.

Se tes interese podes ampliar máis información no teléfono 683 626 716.

O Concello de Barro adxudica 500 luminarias LED máis, que se financiarán con fondos Next Generation

O Concello de Barro está apostando moi forte pola renovación e modernización da súa rede de alumeado público, co obxectivo de conseguir un mellor servizo e de abaratar o enorme gasto que supón a electricidade para as arcas municipais.

Ata o momento a entidade municipal xestionou distintos proxectos que permitiron a implantación de tecnoloxía LED en arredor de 650 luminarias e neste momento vén de adxudicar un novo contrato que permitirá a renovación doutras 513, co que acadará a cifra de 1.156 luminarias este mesmo verán.

Este novo proxecto vaise executar no lugar de Bretoña e en varios lugares das parroquias da Portela, Perdecanai, Valiñas e Barro. O custo do mesmo será de 239.593,31 euros, que se financiarán con fondos europeos Next Generation captados polo concello a través do programa DUS 5000.

Recibimento a José Manuel Mosquera Cordo

O Alcalde, Xosé Manuel Fernández Lores, recibiu no concello a José Manuel Mosquera Cordo, que vén de entrar na xubilación despois de 42 anos de traballo no Xulgado de Paz.

Abraldes aproveitou o encontro para desexarlle saúde e a mellor das sortes nesta nova etapa vital que se lle abre e entregoulle un detalle en recordo dos seus anos de traballo no Xulgado.

Implantación de luminarias LED

Comezou a execución do proxecto IDAE 2, que consistirá na substitución de 400 luminarias das antigas por luminarias de nova tecnoloxía LED, de menor consumo e mellor iluminación.

Con este proxecto substituiranse as luminarias do Santo Antoniño, do Polígono de Outeda, da estrada PO-531 e do lugar da Fonte de Curro.