Renovación do convenio de colaboración entre o Concello de Barro e a Banda Xuvenil de Barro

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, renovou coa nova Presidenta da Banda de música xuvenil de Barro, Ana María Piñeiro, o convenio de colaboración entre ambas entidades para o presente ano.

O concello aportará a cantidade de 8.200 euros para axudar ao financiamento da Escola de música de Barro e da Banda xuvenil de Barro, que realizan un magnífico labor de formación tanto de cativas/os como de mozas/os da localidade.

A Xunta de Goberno local concedeu licenza a Telefónica para levar a fibra óptica ao lugar de Búa

A Xunta de Goberno do concello de Barro aprobou a licenza solicitada por Telefónica para levar a fibra óptica ao lugar de Búa, na parroquia de Barro. O concello de Barro conta co servizo de fibra óptica en todas as vivendas que xa tiñan servizo por cable, que supoñen arredor do 98% do total das vivendas, mais aquelas que nunca tiveron este servizo de cable aínda non teñen fibra.

O lugar de Búa, que conta con arredor de 25 vivendas, é un deses poucos lugares, xunto coa Maquieira, Aldeíña e Couso, que nunca tivo servizo de cable e que, polo tanto, non conta aínda co servizo de fibra óptica.

Con este proxecto, que terá un custo de arredor de 52.000 euros, Telefónica levará o servizo de fibra óptica ao lugar de Búa, co obxectivo de chegar con este servizo ás 1.300 vivendas de Barro o antes posible.

Convenio coa Coral polifónica de Barro

🫱🏻‍🫲🏼 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, renovou coa Presidenta da Coral Polifonica de Barro, Sofía Solla Ruibal, o convenio de colaboración entre ambas entidades para o presente ano.

O Concello aporta a cantidade de 2.000 euros para que a entidade poida continuar desenvolvendo o seu gran labor social, cultural e formativo.

Proxecto de mellora da comunicación entre Valbón e o Santo Antoniño

🚧 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗰𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗩𝗮𝗹𝗯𝗼́𝗻 𝗲 𝗼 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼 𝗦𝗻𝘁𝗼𝗻𝗶𝗻̃𝗼

A Xunta de Goberno local aprobou un proxecto para mellorar a conexión entre o lugar de Valbón e o núcleo de Santo Antoniño coa construción dunha nova estrada a través do río Areal utilizando unha ponte xa existente.

Esta actuación consistirá na execución dun novo vial e da súa total urbanización, coa creación de dous carrís de circulación, de sendas peonís e dos servizos de pluviais, alumeado e saneamento.

Será unha obra que permitirá tamén conectar a rede de saneamento do lugar de Valbón coa depuradora, ademais de posibilitar a ampliación da rede en todo o lugar.

O proxecto conta cun orzamento total de 174.986,82 euros e será financiado con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.