Skip to content

A Xunta de Goberno local concedeu licenza a Telefónica para levar a fibra óptica ao lugar de Búa

A Xunta de Goberno do concello de Barro aprobou a licenza solicitada por Telefónica para levar a fibra óptica ao lugar de Búa, na parroquia de Barro. O concello de Barro conta co servizo de fibra óptica en todas as vivendas que xa tiñan servizo por cable, que supoñen arredor do 98% do total das vivendas, mais aquelas que nunca tiveron este servizo de cable aínda non teñen fibra.

O lugar de Búa, que conta con arredor de 25 vivendas, é un deses poucos lugares, xunto coa Maquieira, Aldeíña e Couso, que nunca tivo servizo de cable e que, polo tanto, non conta aínda co servizo de fibra óptica.

Con este proxecto, que terá un custo de arredor de 52.000 euros, Telefónica levará o servizo de fibra óptica ao lugar de Búa, co obxectivo de chegar con este servizo ás 1.300 vivendas de Barro o antes posible.