Skip to content

Proxecto de mellora da comunicación entre Valbón e o Santo Antoniño

🚧 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗰𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗩𝗮𝗹𝗯𝗼́𝗻 𝗲 𝗼 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼 𝗦𝗻𝘁𝗼𝗻𝗶𝗻̃𝗼

A Xunta de Goberno local aprobou un proxecto para mellorar a conexión entre o lugar de Valbón e o núcleo de Santo Antoniño coa construción dunha nova estrada a través do río Areal utilizando unha ponte xa existente.

Esta actuación consistirá na execución dun novo vial e da súa total urbanización, coa creación de dous carrís de circulación, de sendas peonís e dos servizos de pluviais, alumeado e saneamento.

Será unha obra que permitirá tamén conectar a rede de saneamento do lugar de Valbón coa depuradora, ademais de posibilitar a ampliación da rede en todo o lugar.

O proxecto conta cun orzamento total de 174.986,82 euros e será financiado con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.