Na Biblioteca de Barro, celebremos a diversidade cultural e o seu poder transformador a través dos libros (21 de maio Día da diversidade cultural). A lectura permítenos explorar diferentes culturas, comprender perspectivas distintas e conectar con persoas de todo o mundo. Mergúllate nun libro e descobre a riqueza da diversidade!
UN DÍA PARA AS LETRAS: Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego.
O próximo día 9 de xuño terá lugar no CEIP Amor Ruibal o contacontos “Un día para as letras”, co fin de divulgar a figura e obra de Francisco Fernández del Riego entre a infancia do Concello de Barro.
Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
O concello de Barro, en colaboración co Club Atletismo +9, pon en marcha a I Carreira Popular da Festa do viño, nunha primeira edición que renderá homenaxe a Julio César Constenla, veciño de Barro pioneiro neste deporte na localidade de Barro.
A distancia a percorrer será de kilómetros, contará con 14 categorías distintas e con circuitos adaptados para todas as idades.
A XLIV Festa do Viño de Barro renderá homenaxe ao GGrupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibalde Barro no 40 aniversario da súa fundación, polo que a integrante en activo que máis veces vestíu o traxe tradicional terá a honra de ser a pregoeira da Festa.
Iria Viqueira, natural da parroquia de Curro, ten 37 anos, é profesora de educación infantil e leva formando parte do Grupo de Danzas Amor Ruibal desde os 6 anos.
O gran traballo que o Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro leva facendo ao longo dos seus corenta anos de vida, coidando e divulgando a cultura tradicional, así como formando a tantos rapaces e rapazas de Barro é o motivo polo que o concello de Barro lle rende homenaxe nesta edición da Festa do viño de Barro.
O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevneción da violencia de xénero “ESPAZOS DE LECER CONCILIA 2023”.
Este ano ofrécense un total de 146 prazas para os meses de xullo e agosto.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de xuño, ambos incluídos, nas oficinas municipais.
Xunto coa solicitude os interesados deberán entregar a seguinte documentación:
– DNI do solicitante e representante.
– Libro de Familia.
– Tarxeta sanitaria do menor.
– Volante de empadroamento.
– Xustificante da situación laboral dos proxenitores / titores.
A Xunta de Goberno local vén de aprobar adxudicación á empresa Covsa S.A. do proxecto de pavimentación nos lugares da Porriña e Mane de Arriba, por ser a mellor oferta presentada.
O orzamento deste proxecto é de 40.389,87 euros e será financiado con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.
A Xunta de Goberno local vén de aprobar a licenza de construción solicitada pola empresa Distribuciones Moroño e Hijos S.L., para a construción dunha nave destinada á almacenaxe de produtos derivados da fariña, conxelados, alimentación e loxística.
Trátase dun grupo empresarial que distribúe produtos e materiais de panadería, confitería e hostelería en toda Galicia.
A nova nave levantarase na parcela E-11 cunha superficie total construída de 1.494 metros cadrados e conta cun orzamento de execución material total de 497.450 euros.
Remataron os traballos de execución do Proxecto de restauración e posta en valor do cruceiro de Outeda, que se atopaba nun mal estado de conservación e cuxa integridade corría perigo.
O proxecto contou cun orzamento de 13.375,60 euros, financiados cunha subveción da Deputación de Pontevedra para a Rehabilitación do patrimonio histórico-cultural e con fondos propios do concello, e a súa execución foi a cargo do especialista Juan Cabeza Quiles.
Nos traballos de desmontaxe foi atopada entre as pedras da base un torso dun Cristo que se atopa nestes momentos en estudo.
As persoas de Barro que elaboren viños caseiros e que queiran participar no concurso de viños de colleiteir@ da XLIV Festa do Viño de Barro teñen de prazo desde o 22 de maio e ata o 9 de xuño para presentalos.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de marketing similares.