Un espazo natural ÚNICO Un espazo natural ÚNICO SlideSlideSlideSlide

ACTUALIDADE

Renovación do convenio Concello-Barro CF para o ano 2025

O alcalde, Fernández Abraldes, asinou co Presidente do Barro CF, José Sanmartín, a renovación do convenio de colaboración entre ambas entidades para este ano. No acto tamén estiveron presentes, ademais
Ler máis

OBRADOIRO GRATUITO PARA FAMILIAS ” Prevención de alteracións da alimentación en nenos, nenas e adolescentes dende o ámbito familiar”.

O Concello de Barro a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, realizará o mércores 2 de abril un Taller en liña de prevención de condutas alimentarias de risco
Ler máis

Mafari escolle Barro para construír o seu centro loxístico e un torradeiro de café

O concello de Barro vén de aprobar a solicitude de licenza da empresa Mafari, para construír en Barro, no polígono de Outeda, unhas instalacións destinadas á torrefacción de café, ademais
Ler máis

Merecémonos

UN ALTO NO CAMIÑO

 

 

O Corvo de Coralia é a figura central sobre a que xira o Entroido de Barro. O Corvo de Coralia é un personaxe inspirado nun corvo real que habitou Barro a mediados do século XX e que tiña o don da palabra.

O corvo sabía falar porque lle ensinara a súa dona Coralia e este aproveitaba ese don para burlarse das galiñas. Imitando a Coralia, subía encima dun alto e chamaba polas pitas de igual maneira que Coralia as chamaba para lles dar de comer: “churras, churras, churras” e estas, pensando que era a súa dona para lles dar o almorzo acudían á cita, mais ao chegar reparaban en que quen as esperaba era o corvo e que non lles tiña nada que ofrecer e entón o corvo dedicáballe unha gargallada: “ha, ha, ha”.

Ese espírito burlón do corvo quixo recuperalo o concello de Barro e usalo como imaxe do Entroido local.