CIRCO NA BIBLIOTECA

Este mes de setembro queremos celebrar o inicio do novo curso escolar cunha proposta moi especial na Biblioteca de Barro: o luns 22 ás 12:00 h recibiremos á rapazada cunha divertida actuación de circo.
Será unha oportunidade para compartir risas malabares, equilibrios, música, clown, ao tempo que informaremos do horario da biblioteca (luns, mércores e venres de 8:30 a 15:00 h; martes e xoves de 15:00 a 21:00 h) e amosaremos as últimas novidades e adquisicións dispoñibles para todas as idades.
Unha actividade pensada para comezar o curso con enerxía, cultura e moita diversión.

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA DE BARRO.

Ano Castelao no Concello de Barro.
Este Ano Castelao celebramos a figura dun dos grandes referentes da nosa cultura cunha actividade moi especial, pensada para as crianzas.
O próximo día 6 de xuño, no salón de actos da Biblioteca de Barro, achegaremos ao alumnado do CEIP Amor Ruibal unha proposta de dinamización á lectura, chea de ilustracións e narracións que nos convidarán a coñecer mellor a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un autor que, con humor, compromiso e fonda sensibilidade, soubo retratar o espírito do pobo galego.
A través desta actividade, as nenas e nenos poderán descubrir quen foi Castelao, mergullarse nos seus debuxos e relatos, e entender o valor da palabra, da xustiza e da identidade que el sempre defendeu.
Un xeito lúdico e participativo de espertar o interese pola lectura e polo noso patrimonio cultural desde ben pequenos!
Esta será a primeiria de tres actividades que se realizarán dentro da biblioteca de Barro, durante os meses de xuño, agosto e setembro.
 Castelao para crianzas.
Data: 06/06/2025.
Hora: 12:00
Entrada gratuíta.
Prazas limitadas
Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.