Invitación 
No marco do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, queremos convidar a tódolos veciños/as a unha charla que terá lugar o vindeiro 21 de febreiro.
Nesta ocasión especial, contaremos con Marta Cousido Rocha, matemática e doutora en estatística que falará da súa valiosa contribución á ciencia e á innovación. Será unha oportunidade única para escoitala e coñecer máis sobre o seu traballo e a importancia da estatística en diversos ámbitos.
