O Concello de Barro convoca a exposición colectiva Xuventude Ilustrada, unha iniciativa pensada para dar visibilidade aos artistas emerxentes do noso municipio.
Queremos fomentar a creación e ofrecer un espazo de difusión e encontro para a mocidade creadora.
DESTINATARIOS
Mocidade empadroada no Concello de Barro.
DISCIPLINAS:
Pintura, debuxo, ilustración, fotografía, escultura, e máis técnicas artísticas.
PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS
Cada participante poderá presentar ata 5 obras, sempre que se adapten ao espazo dispoñible.
PRAZOS
–Data límite para enviar propostas: 30 de xaneiro de 2026 (Día da Ilustración)
–Inauguración da exposición: martes 3 de febreiro de 2026
Máis información na OMIX de Barro.
Telf 986714806- 690722812 omix@barro.es
