Skip to content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CLUB DE LECTURA UN OLLO DE VIDRO BIBLIOTECA DE BARRO.

Setembro 18, 2025 @ 19:30 - 20:30
O noso club abre as portas unha tempada máis, e queremos facelo cunha historia que fala de raíces e de camiños, de irmáns que se buscan e se perden, de países que acollen e afastan. La hondonada, de Jhumpa Lahiri, será o noso primeiro libro: unha novela que, dende a India ata os Estados Unidos, convidanos a pensar na identidade, na emigración, na forza (ás veces ferida) da familia.
Elixímola porque, malia estar escrita noutra parte do mundo e noutra época, fala tamén de nós: das decisións que marcan a vida, das distancias que se fan grandes, dos afectos que permanecen.
Se vos gustan os libros, se vos interesa viaxar coas palabras e dialogar co presente a través das historias, este é o voso lugar.
O reparto dos libros e o acto de apertura desta nova tempada será o día 18 de setembro, ás 19:30, na Biblioteca de Barro.

Detalles

  • Data: Setembro 18, 2025
  • Hora:
    19:30 - 20:30