

O Concello de Barro pon en marcha unha nova edición do Espazo Concilia para os meses de xullo e agosto, co obxectivo de axudar ás familias do municipio a conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de verán.
Inscricións:
A partir de hoxe xa podes realizar a presentación de solicitudes de praza nas oficinas municipais. O prazo remata o 23 de xuño.
Descarga aquí os modelos de Solicitude e de autoliquidación da taxa:
Esta iniciativa municipal conta cunha achega da Deputación de POntevedra de 5.400,83 euros para o “PROXECTO ESPAZOS DE LECER CONCILIA 2026” a través da convocatoria de Subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2026.
O Concello de Barro concedeu a licenza de construción á empresa Comercial de Vehículos Industriais TAR S.L. para a posta en marcha das súas novas instalacións no parque empresarial de Outeda. A firma elixiu este emprazamento estratéxico para expandir a súa actividade.
O proxecto situarase especificamente sobre as parcelas E-5 e E-6 do sector E do polígono. A nova nave contará cunha superficie construída de 1.672 metros cadrados, onde se instalará un taller especializado en servizos mecánicos e unha área destinada á exposición e venda de vehículos comerciais e industriais da marca MAN. O orzamento de execución material para as obras ascende a un total de 550.000 euros.
Con esta resolución, o polígono de Outeda continúa sumando novas empresas e consolidando a súa actividade económica

Trofeo de fútbol da Festa do Viño 2026
O Concello de Barro e o Barro C.F. unen forzas un ano máis para celebrar o deporte base dentro da programación da nosa Festa do Viño. Unha axenda pensada para o desfrute de toda a veciñanza!
Serán catro días de moito deporte onde os nosos equipos da base se medirán a grandes rivais da contorna. ![]()
![]()
Calendario de partidos:
𝗠𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟳 𝘅𝘂𝗻̃𝗼
Biberón | 18:45 h
Xuvenil | 20:00 h
𝗫𝗼𝘃𝗲𝘀 𝟭𝟴 𝘅𝘂𝗻̃𝗼
Cadete | 20:00 h
𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟵 𝘅𝘂𝗻̃𝗼
Infantil | 18:00 h
𝗦𝗮́𝗯𝗮𝗱𝗼 𝟮𝟬 𝘅𝘂𝗻̃𝗼
Prebenxamín | 17:00 h
Benxamín | 18:00 h
Alevín | 19:00 h


O domingo da Festa do Viño a partir das 11:00 h, Barro converterase no punto de encontro obrigado para amantes do motor e do coleccionismo.
No marco da programación da XLVII Festa do Viño, organizamos unha Xuntanza de Coches e Motos Clásicas aberta á participación tanto de automóbiles históricos coma de motocicletas.
O público asistente terá a oportunidade de admirar de preto verdadeiras xoias sobre rodas, deseños icónicos doutras épocas e vehículos coidados con esmero que forman parte da nosa historia automobilística. Unha proposta máis dunha programación da festa do Viño pensada para todos os públicos.
Información importante para participantes:
A inscrición para participar no evento é totalmente gratuíta. O rexistro é de carácter obrigatorio co obxectivo de asegurar unha correcta loxística e distribución dos vehículos no espazo habilitado.
Para reservar a túa praza, é preciso contactar coa organización no teléfono 680 502 154 ou cubrir o formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc-oN1ITq0W33wMudX-b1ARx3lMOZKm0CxjGKtGz61kvbh5RQ/viewform


O vindeiro domingo 21 de xuño, a Festa do Viño de Barro botará o peche á programación desta edición cun concerto moi especial no Pazo da Crega.
Ás 20:00 horas terá lugar o espectáculo “Grandes Mulleres, Grandes Cancións”, unha proposta musical que xuntará sobre o escenario á Banda de Música Xuvenil de Barro e á cantante Fátima Pego.
O acto será presentado por Xurxo Souto e contará, ademais, coa colaboración especial dos gaiteiros Felipe Rea e Borja Becerra, xunto con algunha outra sorpresa preparada para por fin aos días de festa.
A entrada é de balde ata completar o aforo do recinto.
