Evitemos o peche da EEI de Curro

A escola unitaria de Curro está en risco de peche por falta de matrículas para o vindeiro curso.

 Só faltan por cubrir dúas prazas para mantela aberta. Se non se consegue, a Xunta procederá ao peche do centro.

A EEI de Curro ofrece un ensino público de calidade, con grupos reducidos e unha atención próxima, personalizada e adaptada ás necesidades de cada neno e nena.

Manter esta escola é garantir un servizo esencial para as familias e defender o futuro do noso rural.

 O prazo de prematrícula remata o luns 23 de marzo

 Para máis información: 630 32 83 40

ECO. Encontro comunitario de oralidade

O vindeiro 24 de marzo (martes) ás 19:00 celebraremos o “Día da Narración Oral” (20 de marzo) cun Encontro Comunitario de Oralidade na Biblioteca de Barro.
Será un espazo para narrar, ler ou simplemente escoitar historias, contos, fragmentos literarios ou creacións propias. Xuntarémonos arredor dunha mesa para compartir palabras, lembranzas e pequenos textos nun ambiente próximo e participativo.
Se che gusta contar historias ou ler en voz alta, anímate a participar!
 
– Inscrición:
Se queres narrar ou ler, chama ao teléfono da biblioteca 690 722 812 para reservar a túa quenda.
 
-Biblioteca de Barro
24 de marzo
19:00

PROGRAMA  “+BENESTAR”  2026

A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellorar a calidade de vida e envellecemento activo. No Programa ofrécese unha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Establecementos: GRAN TALASO HOTEL SANXENXO 4* (SANXENXO), HOTEL CARLOS I SILGAR 4* (SANXENXO), HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA 4* (LALÍN), HOTEL SPA GALATEA 4* (PORTONOVO, SANXENXO), HOTEL NOVO ASTUR & SPA 3* (VILALONGA, SANXENXO), HOTEL NORAT MARINA AND SPA 4* SUPERIOR (O GROVE), HOTEL SPA NORAT O GROVE 3* SUPERIOR (O GROVE)  e TALASO HOTEL LOUXO LA TOJA 4* (ILLA DA TOXA, O GROVE).

Requisitos: Establecidos nas bases (BOPPO 35  de 20/02/2026):

– Estar empadroadas na provincia de Pontevedra.

– Ter 55 anos ou máis.

– Para persoas menores de 55 anos, deberán concorrer nelas algunha das seguintes:

  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
  • Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outros.
  • Ter recoñecido pola Xunta que o demandante é a persoa coidadora dunha persoa dependente, ou no seu defecto ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.

– Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.

– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.

– Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.

De acordo co establecido na base sexta da convocatoria, os importes a subvencionar pola Deputación viran dados polas condicións de cada solicitante, de forma individual. O Concello subvencionará 10,00 por praza.

Os interesados/as deberán acudir ó Departamento de Servizos Sociais provistos do DNI e certificado da pensión si é o caso.PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CONCELLO: ata o 12 de MARZO de 2026.                      

Para acceder ao anuncio prema aqui.

Mellora dos accesos ao lugar de Constenla

A Xunta de Goberno local vén de aprobar un proxecto para mellorar os accesos ao lugar de Constenla, na parroquia de Barro, unha actuación que permitirá reforzar a seguridade viaria e facilitar o acceso rodado ao núcleo.

🏗️ As obras permitirán renovar a capa de rodadura ao longo de arredor de 700 metros, desde Constenla ata o enlace coa estrada da Deputación en Chan de Santos. O proxecto tamén inclúe actuacións para a recollida e canalización das augas pluviais, mellorando a drenaxe e contribuíndo á conservación da vía.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Medio Rural, Obras de Accesos a núcleos, Seguridade Viaria e Humanizacións, Iván Bello Ferreiro, visitaron a zona onde se desenvolverán os traballos, unha actuación que responde ás demandas da veciñanza e permitirá seguir mellorando os accesos aos distintos núcleos das parroquias.

O investimento total ascende a 56.766,94 euros, dos que o Concello de Barro achega 9.852,11 e a Xunta financia 46.914,82, a través do programa de axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027.

Obradoiro de dramatización

Desde este mes de marzo e ata xuño, todos os martes de 19:30 a 21:00 celebrarase un obradoiro de “Dramatización e teatro” no salón de actos da biblioteca.
Un espazo para expresarse, perder a vergoña e compartir momentos creativos con outros veciños e veciñas. Non importa se nunca fixeches teatro antes: o importante é ter ganas de participar e pasalo ben!
 Lugar: Salón de actos da biblioteca
Horario: Martes de 19:30 a 21:00
Duración: De marzo a xuño
Inscricións abertas na OMIX.
Se che gusta o teatro ou simplemente queres probar algo novo, anímate e participa.