PROGRAMA ESPAZOS DE LECER CONCILIA 2025

O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2025.

Este ano ofrécense un total de 140 prazas para nenos de 4 a 14 anos (nados do 2011 ao 2021, ambos inclusive), durante os meses de xullo e agosto.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 25 de xuño (ambos incluídos) .

Xunto coa solicitude os interesados deberán entregar a seguinte documentación:

  • DNI do solicitante e do representante .
  • Libro de Familia.
  • Tarxeta sanitaria do menor.
  • Volante de empadroamento.
  • Xustificante da situación laboral dos proxenitores/titores
  • Xustificante bancario de ingreso da cota.

– Para acceder ao Banco de Espazos de lecer 2025 prema aquí.

– Para acceder ao modelo de solicitude de Espazos de lecer 2025 prema aquí.

– Para acceder ao modelo de autoliquidación de Taxas prema aquí.

A solicitude xunto coa documentación pode presentarse presencialmente no Rexistro do Concello de Barro ou a través da Sede Electrónica de Barro .

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2025

As persoas ou entidades interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán (a noite do 23 para o 24) e San Pedro (a noite do 28 para o 29) teñen os seguintes prazos para a presentación da correspondente solicitude de autorización, ben a través da Sede Electrónica ou ben de xeito presencial nas oficinas municipais:

– San Xoán ata o 20 de xuño inclusive.

– San Pedro ata 26 de xuño inclusive.

            É imprescindible atender ás seguintes disposicións para a seguridade e o bo desenvolvemento das celebracións:

  • As fogueiras non poderán iniciarse antes das 00:00 h.
  • Prohibida a súa realización en terreos forestais e a queima de materiais como pneumáticos, plásticos, espumas ou calquera residuo non combustible.
  • A altura máxima será de 2 metros e 3 metros de diámetro en terreos privados, e 3 metros de altura e 4 metros de diámetro en vía pública.
  • As persoas organizadoras, maiores de idade, son responsables do correcto desenvolvemento da actividade e da total e correcta extinción ao remate da mesma.
  • Non se permitirá a realización de fogueiras se o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) é moi alto ou extremo ou se hai un exceso de vento.

Para acceder ao Bando prema aquí.

Para acceder á solicitude, que se deberá cubrir e asinar para posteriormente presentar presencialmente no Rexistro ou a través da sede electronicamente, prema aquí.