ROSALÍA É MÁIS

O 23 de febreiro marca o nacemento dunha figura icónica na literatura, Rosalía de Castro.
Para conmemorar este aniversario realizaremos varias actividades, acompáñanos e forma parte desta homenaxe literaria!
📖 Lecturas Comunitaria:
Achégate este sábado día 24 de febreiro ata a biblioteca de Barro para unha sesión de lectura comunitaria, onde exploraremos os poemas máis conmovedores de Rosalía de Castro. Comparte a túa voz e reflexións e descobre o poder das súas palabras.
🎨 Intervención artística da fotografía de Rosalía:
Participa e traballa coa fotografía. De entre todas as obras, seleccionarase unha para imprimir en bolsas serigrafiadas, fusionando a tradición literaria coa expresión visual contemporánea.
🎶 Recuncho creativo: Na biblioteca proporcionaremos acceso a recursos, materiais e un espazo para que poidades dar renda solta á vosa creatividade.
📚 Club de Lectura :
O noso club de lectura únese a esta celebración de Rosalia de Castro, coa visita de Pedro Feijoo, para falar do libro “A memoria da choiva”, onde Rosalía é unha personaxe máis da novela.
🌍 Inauguración Exposición colectiva “Rosalía é máis”:
Para pechar esta celebración o día 21 de marzo o Alcalde recibirá a/o autor/a da obra seleccionada e as/os autores/as dos 10 mellores traballos, entregándolle un diploma, na biblioteca e invitando aos veciños/as á inauguración da exposición colectiva das obras presentadas, na que se distribuirán as bolsas serigrafiadas.

ANUNCIO IMPORTANTE: DATA LÍMITE PARA SOLICITAR CAMBIOS DE TITULARIDADE DE PARCELAS EN ZONA CONCENTRACIÓN PARCELARIA AGUDELO – BARRO – VALIÑAS.

Infórmase a todos os interesados na zona de concentración parcelaria de Agudelo- Barro-Valiñas que, por resolución da directora xeral de Desenvolvemento Rural do 14.02.2024, se estableceu como data límite para solicitar os cambios de titularidade de fincas de substitución o día 30.03.2024, incluído.

Nota: Os negocios xurídicos de transmisión da propiedade deberán realizarse en escritura pública coa liquidación do imposto correspondente. En caso de falecemento do titular tramitarase sempre e cando exista partición de herdanza e esta afecte a fincas de substitución íntegras.

En todo caso, a persoa titular adquirinte quedará subrogada na posición da anterior titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.

Pode consultar o texto íntegro da resolución na web da Consellería do Medio Rural: mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios

Máis información:

Teléfonos: 886 206 582 – 886 206 643 – 986 805 440

Luns a venres, de 9:00 a 14:00

Normativa: Artigo 41.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, modificado pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Para aceder ao anuncio en *.pdf prema aqui e en *.jpg prema aquí.

Galería de mulleres na ciencia.

Cristina Pereira Candelo, nacida en Barro no ano 2000, incorporarase á #GaleríaDeMulleresNaCiencia de Barro.

No Día Internacional da Muller na Ciencia, queremos destacar o inicio do camiño de Cristina Pereira Candelo no ámbito da Enxeñería Química. Para ela e moitas mulleres, cursar unha carreira científica durante a pandemia representou un desafío que esixiu tenacidade e adaptabilidade. Actualmente, Cristina xa está a traballar no campo da Enxeñería Química, o que demostra a súa dedicación e éxito temperán nesta área.

Desexamos que o seu exemplo inspire a outras mozas do noso municipio para perseguir os seus soños no mundo da ciencia.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a artista de Barro, Aroa Outón, será a encargada de crear o retrato que se sumará a esta lista de mulleres dedicadas a diversos campos da ciencia.

Moitos parabéns , Cristina! Estamos seguros de que o teu futuro na Enxeñería Química será brillante e cheo de logros.

Xogo tradicional “A corrida do galo”

Este domingo día 11 de febreiro, diversión garantida no Concello de Barro! 🎉
Esta fin de semana, o Concello de Barro convértese no epicentro da tradición e a diversión co Xogo Tradicional “A corrida do galo” .

🗓 Data: Domingo 11 de febreiro
📍 Lugar: En tódalas parroquias do concello (consulta o cartaz)

🎁 Premios para o/a gañador/a por parroquia.
🌟 Revive a tradición e a cultura local.
🏆 Pasa á GRAN FINAL que se celebrará o día 17 de febreiro

Apunta a data e achégate cos teus amigos e familiares! 📣

Xogo tradicinal “A corrida do galo”.

ENTROIDO
XOGO TRADICIONAL “A CORRIDA DO GALO”
Este domingo día 11 de febreiro, diversión garantida no Concello de Barro! 🎉
Esta fin de semana, o Concello de Barro convértese no epicentro da tradición e a diversión co Xogo Tradicional “A corrida do galo” .

🗓 Data: Domingo 11 de febreiro
📍 Lugar: En tódalas parroquias do concello (consulta o cartaz)

🎁 Premios para o/a gañador/a por parroquia.
🌟 Revive a tradición e a cultura local.
🏆 Pasa á GRAN FINAL que se celebrará o día 17 de febreiro

Apunta a data e achégate cos teus amigos e familiares! 📣

TALLER DE MEMORIA 2024.

O Concello de Barro desenvolverá un obradoiro de memoria interactiva, dirixido a 25 persoas maiores de 60 anos, todos os luns do mes de abril e primeiro luns do mes de maio de 2024, en horario de 17,00 a 18,30 horas.

As persoas interesadas poderán acudir a inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, ca seu DNI, do 1 ao 22 de marzo.

As prazas serán adxudicadas por estrita arde de entrada no Rexistro Xeral do Concello.

Para acceder ao BANDO prema aquí.