Como cada ano, a Asociación Peñaflor realiza o seu xantar de confraternidade veciñal.
O prazo para anotarse remata o 1 de decembro no teléfono 678 197 148 (Flor)
Hoxe, 15 de Novembro, conmemórase o Día Mundial sen alcol. Esta data foi instaurada por varias organización españolas de promoción da saúde co obxectivo de concienciar á poboación sobre os graves efectos que conleva o consumo abusivo de alcol na idade adulta e calquera consumo en menores de idade. Como medida de apoio das campaña de sensibilización polo Día Mundial sen alcol 2023, dende o Proxecto de prevención das condutas aditivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, promóvese, un ano máis, a campaña ALCOL “MENOS É MÁIS”; a través da cal, preténdese sensibilizar á poboación xeral, e particularmente á xuventude, sobre as serias repercusións do alcol na saúde física, mental e social das persoas.
#ALCOLMENOSÉMÁIS
Para acceder áo CARTEL prema aquí.
Para acceder ao MANIFESTO prema aquí.
O próximo luns 20 de novembro realizarase, no CEIP Amor Ruibal de Barro, un Obradoiro de Prevención do abuso das Novas Tecnoloxías dende a familia. Co que informar e dar ferramentas as familias de Barro para promover un uso seguro, responsable e saudable das TRICS (Tecnoloxías da información, comunicación e relación) entre as súas crianzas.
A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados en Prevención das condutas adictivas e Terapia Familiar Sistémica.
Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada escolarizada no centro poderá permanecer nas instalacións do colexio co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.
A vosa presenza é moi importante.
Onde? Aula de audiovisuais do CEIP Amor Ruibal de Barro
Cando? 20 de novembro ás 18:00h
Organiza: CEIP Amor Ruibal de Barro en colaboración co Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local do Concello de Barro.
Para descargar o cartel da actividade pinche aqui.
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.
O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.
O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.
Desde hoxe xa podes formalizar a túa inscrición na I BTT Camiños de Barro e consultar o regulamento na páxina da Federación Galega de Ciclismo
https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/27775-CAMINOS-DE-BARRO
O 17 de decembro terá lugar a I BTT Camiños de Barro, unha proba cicloturista organizada polo concello de Barro e o Club Ciclista Ribadumia, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo.
A ruta, que se desenvolverá integramente dentro do concello de Barro e que irá pasando por distintos lugares de interese paisaxísitco, natural e patrimonial, contará cun percorrido de 40 km e 1.200 metros de desnivel positivo acumulado na modalidade longa e con 30 km e 800 m de desnivel na modalidade curta.
A BTT contará cunha sorpresa na parte final do percorrido, pois dentro da proba haberá unha cronoescalada nun treito de 600 metros ao 16% no monte Acibal, nun duro e coñecido segmento denominado “O Inferno de Perdecanai”, onde os/as ciclistas máis rápidos/as e que cheguen con mellores pernas a este punto competirán por premios nas distintas categorías.
✍🏻 As inscricións realizaranse a través da Web da Federación Galega de Ciclismo e abriranse o luns 6 de novembro