Barro darase cita co ciclismo de montaña na súa I BTT Camiños de Barro

O Concello de Barro prevé acoller a máis de 300 ciclistas de montaña na súa I BTT Camiños de Barro. Unha actividade na que o Goberno municipal leva meses traballando e na que contará coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, O Club Ciclista Ribadumia, a Deputación de Pontevedra, Supermercados Froiz, Barbería Damián e as CMVMC de Barro, Perdecanai e da Portela.

O ruta vai ter o Pazo da Crega como punto de incio e chegada nun percorrido circular de algo máis de 40 kms e 1200 m de desnivel positivo acumulado. O trazado está deseñado para pasar por distintos lugares e parroquias de Barro, mais terá o monte Acibal como principal protagonista. Tamén haberá unha opción máis curta e con menos desnivel para aqueles participantes que non queiran facer a modalidade longa.

Será, no propio Acibal, onde o percorrido garde unha sorpresa cunha cronoescalada de 600 metros no coñecido segmento “Inferno de Perdecanai” e no que se repartirán premios aos deportistas máis rápidos das distintas categorías.

As inscricións, que xa están abertas, débense formalizar a través da páxina da Federación Galega de Ciclismo, onde tamén se pode consultar o regulamento.
https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/27775-CAMINOS-DE-BARRO

Abraldes reúnese con representantes dos bombeiros en folgade parques comarcais para dárlles todo o seu apoio nas súasreivindicacións laborais

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, reúnese con representantes dos
bombeiros dos parques comarcais que levan meses en folga. Durante o encontro
informaron ao alcalde de cales son as súas reivindicacións, que van desde melloras no
convenio colectivo, melloras en materia de seguridade, ampliacións de plantillas e
outras melloras no servizo que están prestando. Tamén lles trasladaron que as persoas
responsables do consorcio non se reúnen con eles para tratar as súas reivindicacións.


Abraldes trasladoulles o seu apoio a estas reivindicacións que considera xustas, pois
desempeñan un servizo público fundamental para o conxunto da sociedade e é
necesario que este servizo estea cuberto cos e coas profesionais suficientes e que
dispoñan dos recursos tanto materiais como humanos necesarios para o desempeño do
seu labor da mellor forma posible.


O alcalde comprometeuse a trasladar ao resto da corporación municipal as súas
reivindicacións.

Programa Integerado de Emprego 2023-24

Os concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas van poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego (PIE)

O PIE desta agrupación de concellos está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal.

Nos proxectos precedentes conseguiuse unha alta porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa.

As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa

Levaranse a cabo accións relacionadas con:

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación en diversos cursos

c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación.

d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

e) Fomento da capacidade emprendedora.

f) Prospección empresarial.

g) Emparellamento de ofertas de traballo

h) Prácticas profesionais non laborais en empresas.

i) Obradoiros sobre mobilidade laboral

✅ Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.

☎️ Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos. Barro 986714806 – 690722812, Cuntis 986548708,986532579, Caldas 986530814, Portas 986536925, Moraña 986553005

25N do 2023

Esta é a imaxe institucional do concello de Barro para a conmemoración deste 25 N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Este cartaz foi escollido polo xurado que valorou a mellor imaxe e o mellor lema nun concurso no que participou o alumnado do CEIP Amor Ruibal.

Grazas a todas e todos por participar.

Xosé Monteagudo visita o Club de lectura de Barro

Na tarde de onte, o escritor Xosé Monteagudo visitou o Club de lectura da Biblioteca de Barro, un club de lectura que estivo traballando unha das súas obras.

Foi un pracer poder escoitar de primeira man como é o proceso de documentación e escrita, así como os distintos puntos de vista e insterpretación de cada lector/a.

Agradecemos moito a súa xeneroridade e o seu tempo dedicado ás veciñas e veciños de Barro que forman parte do Club de lectura “Un ollo de vidro”.

25N – Barro contra todas as violencias machistas

Hoxe, víspera do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o concello de a comunidade educativa realizaron un acto para reclamar o fin desta lacra.

Grazas ás direccións do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal pola súa colaboración e pola súa implicación na concienciación do alumnado deste problema social.

Barro aproba os orzamentos municipais para o 2024, que destacan pola aposta polo gasto social

Neste orzamento municipal contémplase a conxelación de taxas e impostos por noveno ano consecutivo.

O Goberno municipal levou ao Pleno a súa proposta de orzamentos para o 2024, que ascenden a case 3.000.000 de eurostanto para gastos como para
ingresos, e aos que haberá que sumar, tan pronto se coñeza a cifra, a cantidade que lle corresponde ao concello dos fondos da Deputación de Pontevedra.

Neste orzamento contémplase, por noveno ano consecutivo, a conxelación de taxas e impostos, así como o incremento da partida destinada a gasto social, que ascenderá á máis de 735.000 euros.

Tamén se continuarán investindo 100.000 euros, ao igual que nos últimos anos, para axudar ás empresas asentadas no polígono de Outeda a aminorar o recibo do ciclo da auga, mentres non se completa o asentamento total de empresas, así como para facer fronte aos gastos de mantemento.

Referente ao polígono de Outeda, tamén se incrementa a partida dedicada á xestión do ciclo da auga, posto que a partir do vindeiro ano o concello asumirá a súa xestión total, xestión que ata o momento cooresponde á Deputación de Pontevedra.

As contas para o exercicio do ano 2024 foron aprobadas cos votos a favor dos grupos do BNG e do PSOE, e cos votos en contra dos grupos de Xuntos e PP.


𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗱𝘂𝘁𝗮𝘀 𝗮𝗱𝗶𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀

As familias de Barro asistiron o luns 20 de novembro a un Obradoiro de “Prevención do abuso das TIC desde a famillia”, que organizou o Concello de Barro conxuntamente co CEIP Amor Ruibal.

Este obradoiro realízase dentro das actividades promovidas polo Proxecto de prevención das condutas aditivas no que participa o Concello de Barro como aposta pola promoción de hábitos saudables entre a súa veciñanza. Complementando con este Obradoiro destinado ás familias as actividades de promoción da saúde e prevención das condutas aditivas que se realizan cada curso escolar co alumando de Barro

PROGRAMA DUS 5000 – MEDIDA: RENOVACIÓN DE INSTALACIONES DE ALUMBRADO EXTERIOR DEL AYUNTAMIENTO DE BARRO.

Proyecto acogido de las ayudas para inversiones a proyectos singulares locales de energía limpia en municipios de reto demográfico (PROGRAMA DUS 5000), en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

#PlanDeRecuperación

Beneficiario: AYUNTAMIENTO DE BARRO

Inversión total: 262.583,36 €

Importe la ayuda: 233.195,81 €

Medida: RENOVACIÓN DE INSTALACIONES DE ALUMBRADO EXTERIOR DEL AYUNTAMIENTO DE BARRO.

Componente 2, inversión 4( C2.I4)

Para acceder ao cartel prema aquí.

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2023/2024

Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro e Moraña, van a poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego.

Programa Integrado de Emprego do Concello de Cuntis 2023/2024.

Este programa esta cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal

Nos proxectos precedentes conseguiuse un alto porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa.

As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa.

Levaranse a cabo accións relacionadas con:

  1. a) Información, orientación e asesoramento.
  2. b) Formación en diversos cursos
  3. c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación.
  4. d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  5. e) Fomento da capacidade emprendedora.
  6. f) Prospección empresarial.
  7. g) Emparellamento de ofertas de traballo
  8. h) Prácticas profesionais non laborais en empresas.
  9. i) Obradoiros sobre mobilidade laboral

Todas as persoas inscritas no programa percibiran  unha axuda de 10€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.

Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos. Cuntis 986548708,986532579, Caldas 986530814, Barro 986714806 – 690722812, Portas 986536925, Moraña 986553005