I BTT “Camiños de Barro”

🚴🏻 𝗜 𝗕𝗧𝗧 “𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼”

❗ Atención amantes da bici de montaña: ide reservando a data, porque despois dun tempo traballando neste proxecto xa podemos anunciar que o 17 de decembro terá lugar a primeira proba BTT de Barro, que terá o monte Acibal como principal protagonista.

Esta proba será organizada polo concello de Barro coa colaboración do Club ciclista Ribadumia.

👀Nas vindeiras semanas iremos ampliando máis información

I Carreira popular da Festa do Viño de Barro

🏃🏻‍♀️𝗜 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗽𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗮 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼 𝗩𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼

O vindeiro 11 de xuño terá lugar a I Carreira Popular da Festa do viño de Barro, que renderá unha merecida homenaxe ao deportista e pioneiro neste de deporte en Barro Julio César Constenla.

👟 A proba contará cun percorrido de 10 km e tamén con circuitos adaptados a todas categorías.

ℹ️ Consulta o regulamento e inscríbete en www.galitiming.com

XLIV Festa do Viño de Barro

𝗫𝗟𝗜𝗩 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼 𝗩𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼

Aquí vos deixamos o cartaz da XLIV Festa do Viño de Barro, que se celebrará o 15, 16,17 e 18 de xuño no Pazo da Crega.

🥳 Dentro de pouco daremos a coñecer a programación completa, pero xa vos podemos adiantar que haberá: viño da mellor calidade, diversión, festa, entretemento e moitas actividades para todos os públicos.

Grupo de Danzas “Amor Ruibal” de Barro – 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 2023

🤝 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, renovou coa Presidenta do Grupo de Danzas Amor Ruibal , Belén Búa, un convenio de colaboración entre ambas entidades para o presente ano. O concello aportará 3.000 euros para axudar ao seu financiamento e poder continuar co seu labor de preservación e divulgación da nosa cultura tradicional ao mesmo tempo que fan un labor formativo de nenas e nenos.

As representantes do Grupo de danzas transladáronlle ao alcalde a intención de organizar un evento con motivo do 40 aniversario da fundación da entidade, a asociación decana de Barro.

O alcalde transmitiu o apoio e colaboración do concello de cara a celebrar esta fermosa efeméride