𝟖𝐌: 𝐃𝐢́𝐚 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫
Alba Pereiras Martínez, Seila Torres Landín e Ana Angueira Vázquez puxéronlle voz hoxe en Barro a moitos dos problemas e dificultades que se encontran as mulleres no seu día a día e nas súas carreiras profesionais e puxeron voz a todo o traballo que aínda queda por diante para conseguir unha sociedade verdadeiramente igualitaria e xusta.
Moitas grazas á veciña e xornalista Chus Gómez Dorrego por conducir este emotivo e reivindicativo acto dunha forma tan maravillosa.
Por unha defensa real da igualdade o #8M e todos os 365 días do ano.