O 17 de decembro terá lugar a I BTT Camiños de Barro, unha proba cicloturista organizada polo concello de Barro e o Club Ciclista Ribadumia, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo.
A ruta, que se desenvolverá integramente dentro do concello de Barro e que irá pasando por distintos lugares de interese paisaxísitco, natural e patrimonial, contará cun percorrido de 40 km e 1.200 metros de desnivel positivo acumulado na modalidade longa e con 30 km e 800 m de desnivel na modalidade curta.
A BTT contará cunha sorpresa na parte final do percorrido, pois dentro da proba haberá unha cronoescalada nun treito de 600 metros ao 16% no monte Acibal, nun duro e coñecido segmento denominado “O Inferno de Perdecanai”, onde os/as ciclistas máis rápidos/as e que cheguen con mellores pernas a este punto competirán por premios nas distintas categorías.
✍🏻 As inscricións realizaranse a través da Web da Federación Galega de Ciclismo e abriranse o luns 6 de novembro