Promoción económica
Polígono Industrial de Barro-Meis
O polígono de Barro é un conxunto industrial situado na confluencia entre os concellos de Barro e Meis e moi próximo á AP-9, na súa saída cara á AG-45 dirección Sanxenxo.
Con 1.100.000 m2 distribuídos en tres ámbitos de actuación (SUI-1 Barro, SRA Outeda-Curro, e SUI-2 Meis), o complexo industrial de Barro contribúe a satisfacer a enorme demanda de chan industrial da provincia Pontevedra.
Esta zona ten unha posición estratéxica entre os aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo, e máis próximo aos portos de Marín e Vilagarcía de Arousa.
A súa creación contribuíu a atraer investimentos empresariais ao territorio e aumentar os empregos.
Nesta ligazón, detalles sobre o polígono e a listaxe completa de empresas que alí radican.
Viveiro de Empresas
Dentro do Polígono Industrial, existe un espazo especialmente deseñado a favor do emprendemento. Trátase do Viveiro de Empresas.
Desde 2016, a Deputación de Pontevedra puxo ao dispor das empresas de recente creación os viveiros de Barro e Lalín. O apoio consiste nunha acollida temporal nas súas instalacións, cunha serie de servizos garantidos, acompañado de asesoramento para dar os primeiros pasos no mercado.
Empresas fose do polígono
Mercadillo
Polo Nadal, comercio local
Mercar en Barro ten un lote de premios
En abril, premios mil
Brindemos polo noso
Esta é unha campaña específica para a promoción das adegas de Barro e dos diferentes viños que elaboran. Esta campaña que se celebra nos días previos á Festa do viño de Barro, ten por finalidade a de promover os noso viños entre a hostalería do noso concello. Entre os consumidores dos viños durante campaña cada establecemento fai ao remate da mesma un sorte dun lote de viños de cada unha das adegas participantes.
Asociación de empresarios AsemBarro
Asembarro é unha asociación sen ánimo de lucro que nace o 22 de marzo do 2021, xestada por un pequeno grupo de comerciantes da zona. Contamos con máis de 30 asociados, con un único fin, darlle visibilidade os nosos negocios para incrementar o consumo local, mediante diversas campañas, cursos e eventos.