Muller

Unha das prioridades do Concello de Barro é promover a igualdade, facilitando as opcións de formación, as axudas ao emprendemento e o apoio ante calquera situación de vulnerabilidade.

Igualdade e loita contra a lacra da violencia machista

A igualdade é unha prioridade para nós e debe selo para todos os sectores da sociedade. Por iso todas as políticas que levamos a cabo están encamiñadas a rachar as fronteiras de xénero, axitar as conciencias e continuar evolucionando cara unha sociedade paritaria, onde todas as persoas teñan idénticas oportunidades independentemente do séu xénero.

Traballamos cada día para integrar a igualdade nos diversos ámbitos da vida das veciñas e veciños de Barro e por iso creamos proxectos, actividades e campañas ao longo de todo o ano porque a igualdade constrúese practicándoa.

Tristemente, unha das principais causas de morte prematura das mulleres no Estado é propiciada pola violencia machista. Cómpre reveter esta situación canto antes e iso só se pode lograr dando todo o apoio posible desde as distintas administracións ás vítimas e promovendo unha educación social antipatriarcal, baseada no respeto e na igualdade.

O 016 é un teléfono ao que poden chamar de forma gratuíta todas as vítimas de calquera tipo de violencia machista. Este teléfono non deixa rastro nas facturas, pero hai que borralo do rexistro de chamadas. Neste teléfono vai responder persoal especializado e facilitaranche información, asesoramento xurídico e atención psicosocial.

CENTRO DE ATENCIÓN 24 HORAS

As mulleres que fosen vítimas de malos tratos, agresións e explotación sexual poden obter atención especializada de forma directa ou por teléfono (gratis).

CENTRO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO Á MULLER

XULGADO DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER

No edificio de Xulgados nº2 de Pontevedra, atópase a sede máis próxima do Ministerio de Xustiza especializado nestes temas.

Casas de acollida en Galicia


A CORUÑA (Para mulleres en situación de emerxencia ou que sufran malos tratos)
T. 981 184 200


FERROL (Parra mulleres sen fillos)
T. 981 355 288


LUGO (Nais gestantes e nais solteiras)
T. 982 225 370


VIGO (Nais gestantes e nais solteiras)
T. 986 376 427

Formación e superación

A falta de emprego é unha das principais formas de exclusión social. Así, fortalecer ás mulleres ao brindarlles competencias estratéxicas habilítaas para inserirse nun difícil mercado laboral. O Programa de Teleformación do Instituto da Muller é un recurso de gran valor para a superación das mulleres. Varios destes cursos adestran habilidades relacionadas coas tecnoloxías da información e as comunicacións, debido á alta presenza destas entre as esixencias básicas de posibles contratantes.

Estas formacións, na súa maioría impartidas de forma remota, tamén poden crear condicións básicas para o emprendemento entre as súas alumnas, coincidindo de forma oportuna con outras iniciativas estatais que impulsan o emprendemento feminino. Por exemplo, o Programa de Apoio Empresarial ás Mujeres está dirixido a aquelas cunha inquietude emprendedora. Xestiónao a Cámara de Comercio de España e ten apoio do Fondo Social Europeo.

Contactos de utilidade


CIM de Caldas de Reis
R/Alfonso VII, 2 Baixo. 36650 Caldas de Reis. Pontevedra
T. 986 530 814


Instituto da Muller
C/ Condesa de Venadito, 34. Madrid
T. 900 191 010


Para o Programa de Mujeres Empresarias: Gabinete de coordinación do Concello Superior de Cámaras
C/ Velázquez 157, 1º planta. Madrid
T. 915 906 934
forma.cg@cscamaras.es