Concello

Alcaldía

Benvida/o á páxina web do Concello de Barro:

Convídovos a que profundicedes e vos adentredes nesta ferramenta renovada que poñemos ao servizo da veciñanza e de todas aquelas persoas con interese no noso concello para facer esta institución local aínda máis próxima e accesible.

Quixemos deseñar unha páxina web que fose atractiva, moderna, dinámica e funcional, que posibilite e facilite a obtención de información ou a realización de trámites en liña a todo tipo de persoas, colectivos e empresas.

Así mesmo, quixemos que este sitio web fora tamén un punto para o goce e descubrimento dos maiores tesouros históricos, etnolóxicos, patrimoniais e naturais que alberga o concello que teño a honra de presidir.

Ademais, apostamos por aproveitar esta canle e convertela nun instrumento bidireccional que nos permita dar a coñecer as iniciativas municipais ao mesmo tempo que permita que a veciñanza poida facer chegar tamén as súas suxerencias, propostas e opinións, polo que para tal fin atoparás nesta páxina os mecanismos que se facilitan.

Aproveito para agradecer a túa visita e para mandarche un agarimoso saúdo.

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde de Barro

D. Xosé Manuel Fernández Abraldes