Festas

A festa máis coñecida de Barro é a Festa do Viño, mais non é a única celebración que se desenvolve no concello. En materia relixiosa destaca a prestixiosa Romaría de San Breixo o primeiro domingo de outubro e existen ademais unha numerosa listaxe de festividades parroquiais e locais.

Festa do Viño

Barro é por excelencia un concello de viño. Aquí existe unha tradición vitivinícola milenaria quen ten as uvas albariñas e caíñas como piares destacados. As castes autóctonas, a tradición, o solo, o sol, a choiva e o cariño no cultivo e na elaboración son factores que dan como resultado un dos mellores viños da D.O Rías Baixas.

É por iso que ano 1979 a asociación Amigos do Viño de Barro creou e impulsou a I Festa do Viño de Barro, co obxectivo de promocionar a calidade dos viños locais. Desde aquela a Festa do Viño non deixou de crecer e de gañar adeptos, converténdose xa nun referente da programación estival da provincia de Pontevedra.

Mais a Festa do Viño de Barro vai alén do viño, pois é un evento central de goce e de convivencia do conxunto da veciñanza de Barro.

Romaría de San Breixo

O primeiro domingo de cada outubro celébrase a tradicional e coñecida romaría de San Breixo, na parroquia de Barro. Esa fin de semana milleiros de persoas congréganse na romaría para participar das actividades relixiosas e da programación festiva.

Forma parte da tradición na romaría de San Breixo gozar tamén dun dos pratos tardicionais das romarías galegas, o polbo, acompañado do viño novo.

Outras celebracións, según parroquia:

Agudelo

San Cibrán: Terceiro domingo de xuño, Chan do monte Güimil
San Martiño: 11 de novembro, Faxil

Barro

As Virtudes: 2 de febreiro, Constenla
Os Dores – Domingo seguinte a Pascua, Búa

San Xosé Obreiro: 1 de maio, O Pazo

Curro

Santa María: 15 de agosto, Fonte de Curro

Perdecanai

San Sebastián: 20 de xaneiro, Igrexa Santa María de Perdecanai
Santa María: Primeiro sábado de agosto, Igrexa Santa María de Perdecanai
Os Dores: Segunda quincena de setembro, Igrexa Santa María de Perdecanai

A Portela

San Mauro: Domingo seguinte á Pascua, Cancela
Os Dores: Primeiro domingo de setembro, Cancela

Valiñas

Santo André: 30 de setembro, Aldeíña