- This event has passed.
LABORATORIO DE TEATRO.
Setembro 24 @ 19:30 - 21:00
Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai oito anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Esta é a segunda actividade de “Dándolle á lingua”.
O “Laboratorio de teatro” é unha experiencia única de creación e de convivencia colectiva, na que experimentar técnicas de improvisación, desenvolver a espontaneidade e mostrar cara o público o aprendido.
Día: unha vez á semana (os martes)
Data: Comezamos o MARTES 24 DE SETEMBRO ata o MARTES 19 DE NOVEMBRO de 2024 COA POSTA EN ESCENA DA OBRA O SÁBADO 23
Horario: 19:30h a 21:00
Na OMIX de Barro.
Telefono: 986714806 – 690722812.