- Este evento pasou.
Faladoiro co escritor Xesús Fraga.
Novembro 27 @ 19:30 - 20:30

O Club de Lectura “Un ollo de vidro” continúa a súa andaina nesta tempada cunha nova lectura que promete reflexión e conversa: “Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga.
Nesta obra, o autor conta a emigración desde a parte dos retornados. Esta novela é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.
Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.
E despois da lectura, o mellor está por vir: o club terá a oportunidade de conversar co propio Xesús Fraga, o día 27 de novembro ás 19:30 na biblioteca, que compartirá connosco detalles sobre o proceso de escritura e o significado persoal que encerra esta novela premiada co Premio Nacional de Narrativa.
Será unha ocasión perfecta para coñecer de primeira man ao autor, facerlle preguntas e intercambiar impresións sobre unha obra que non deixa indiferente a ninguén.
Detalles
- Data: Novembro 27
-
Hora:
19:30 - 20:30
- Evento Etiquetas:Biblioteca Barro, Club de lectura, Escritores galegos, Faladoiros