Skip to content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Dándolle á lingua 2025. Falamos cos creadores de contido Prado Rúa e Olaxonmario.

Setembro 24 @ 12:20 - 14:00

A mocidade de hoxe vive nun mundo dixital, onde as redes sociais son unha parte esencial da súa comunicación e expresión. A lingua que se emprega nestes espazos non só reflicte a identidade persoal, senón que tamén condiciona o seu valor e presenza na sociedade. Por iso, fomentar o uso do galego entre a xuventude é fundamental para garantir que a nosa lingua se manteña viva e relevante en todos os ámbitos.

O Concello de Barro dentro do proxecto Dándolle á lingua, organiza dúas charlas no IES de Barro con Prado Rúa e Olaxonmario, dous referentes xuvenís que demostraron que se pode ter éxito en Internet sen renunciar ao galego. A súa experiencia servirá de inspiración para que o alumnado se sinta máis seguro empregando o galego, tanto nas redes como na vida cotiá, e para que perciban a lingua como unha ferramenta valiosa, moderna e con futuro.

Detalles

Recinto

  • IES de Barro
  • Outeiro, 9 Perdecanai
    Barro, Pontevedra 36194 Spain
    + Google Map