![Loading Events](https://barro.es/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- This event has passed.
CIRCO GALÁICO
Outubro 26 @ 20:00
Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai oito anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
![](https://barro.es/wp-content/uploads/2024/10/CIRCO-GALAICO-300x213.png)
![👅](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t4d/1/16/1f445.png)
O Circo Galaico é un espectáculo innovador, que lle da unha volta ao xénero convencional do circo para crear un circo galego: o Circo Galaico. Un espectáculo orixinal, que fuxe da polémica dos circos con animais para converter aos animais salvaxes da fauna galega nos protagonistas. Estes acuden á chamada do mestre de cerimonias para facer alarde das súas proezas: a súa forza, equilibrio, danza, malabares,… ao son da música tradicional
O Circo Galaico está dirixido a un público familiar. O atractivo do circo mesturado cos elementos autóctonos da cultura e a fauna galega, fan desta obra un espectáculo único:
divertido pola comicidade dos números e polo rol do mestre de cerimonias, e ameno pola presenza da música.