CAMPAMENTO DIXITAL NO NADAL
Decembro 22 @ 10:00 - Decembro 23 @ 14:00

os días 22 e 23 de decembro, de 10:00 a 14:00, o Concello de Barro acolle o Campamento Digital, para nenos e nenas de 9 a 13 anos.
Unha experiencia gratuíta para aprender xogando e descubrir o mundo da tecnoloxía!
–Modalidade presencial – Prazas limitadas
–Infórmate e inscríbete a partir do 17 de novembro ao 5 de decembro na OMIX de Barro.
Iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), promovido polo Ministerio de Mocidade e Infancia e financiado con Fondos Next Generation da Unión Europea.