Emigración

O Concello de Barro tenta axudar de calquera forma posible a aqueles migrantes ou descendentes de quen tivo que viaxar lonxe da súa terra por un futuro mellor.
Procura de certificados de nacemento, asesoría de trámites para o retorno, axudas a residentes no estranxeiro ou subvencións por desemprego son algunhas das prestacións dispoñibles para aqueles que, aínda que vivisen lonxe, aínda forman parte da nosa comunidade.

Emigrantes retornados

Os trámites para que un emigrado ou descendente con dereito á nacionalidade española retorne á súa terra divídense en dous momentos fundamentais: antes e despois do retorno.

Trámites antes do retorno

  • Recuperación da Nacionalidade Española
  • Obtención do Pasaporte Español
  • Certificados de nacemento, Matrimonio ou Defunción
  • Acreditación de Traballo nas Estranxeiro
  • Franquías para a importación de mobiliario e efectos persoais
  • Xestión de Contas Bancarias no Exterior

Estes trámites dependen, en última instancia, das delegacións consulares de España nos países de retorno.

Trámites despois do retorno

  • Empadroamento
  • Obtención do DNI
  • Permiso de condución
  • Obtención do Certificado de Emigrante Retornado

Desemprego e axudas

Co Certificado de Emigrante Retornado, se este acredita que a persoa traballou polo menos 12 meses nos últimos 6 anos no estranxeiro, pódese solicitar ao Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) o subsidio de emigrante retornado, válido ata 18 meses en situación de desemprego.

Ademais, ofrécense outros tipos de axudas, xa sexan axudas extraordinarias, mesmo paro ou prestacións para maiores.

Emigrantes residentes no estranxeiro

Existe un conxunto de axudas ou subvencións ás cales pode aplicar aquel migrante residente no exterior. Entre elas, axudas para actividades culturais, viaxes turísticas a Galicia, pensións a anciáns, asistencia médica a incapacitados, etc.

Moitas destas axudas poden xestionarse a través do Centro Gallego do país en cuestión ou na súa delegación consular correspondente.