Deportes
No noso Concello o deporte non é unha actividade illada, pois é parte fundamental da vida social de moitos veciños e veciñas. O club deportivo de máis traxectoria e que forma a ducias de nenos e nenas é o Barro CF, mais o deporte en Barro vai alén do fútbol e podes gozar de infinidade de deportes: ciclismo, tenis, natación, baile, taekwondo, bádminton, baloncesto, etc.
Instalacións
Dentro do territorio do Concello, temos habilitadas varias instalacións deportivas. Entre elas, campos de fútbol, complexos deportivos e a piscina municipal.
Pavillón Municipal de Santo Antoniño
San Antoniño 13, Perdecanai.
Campo de Fútbol Municipal de Outeiro
Outeiro s/n, Perdecanai.
Campo de Fútbol de Chan de Santos
Barro s/n, Barro.
Centro Deportivo Complexo Social e Deportivo de Curro
Fonte de Curro, s/n.
Piscina Municipal
Lugar Outeiro, Perdecanai.
Pista Polideportiva
San Antoniño s/n, Perdecanai.
Cancha de tenis
Rúa do Pazo s/n, Santo Antoniño.
Pista Polidevortiva de Agudelo
Lugar do Outeiro s/n, Agudelo.
Barro FC
O equipo de fútbol Barro CF é un dos orgullos do concello, ao tratarse dun colectivo que se toma o deporte con gran seriedade e contribúe a unha vida sa e activa dos residentes de Barro.
Apostando sempre por crear ambiente de colaboración entre os xogadores, teñen como lema “Con respecto gañamos tod@s”.
Ademais do equipo Sénior, ofrécense outras categorías infantís e xuvenís que teñen a formación como principio base. Pouco a pouco vai gañando peso o fútbol feminino, e Barro xa tem a honra de poder contar don dúas categorias integramente formadas por mozas e mulleres barrenses: cadete e sénior.
Este Concello asinou acordos de colaboración coa presidencia de Barro FC, co obxectivo de apoiar a súa misión educativa a través da renovación necesaria das instalacións deportivas e achegar anualmente os fondos para financiar o funcionamento do equipo.
Algúns eventos deportivos en Barro
BTT Camiños de Barro
Esta marcha ciclista congrega en Barro no mes de decembro a centos de amantes do ciclismo de montaña, que se dan cita para gozar dun percorrido que transita por recunchos naturais e patrimoniais inesquecibles.
Carreira Popular da Festa do Viño
Unha carreira popular das de sempre. Danse cita en Barro persoas de todas as idades e condicións físicas para facer a súa mellor marca. As categorías adultas compiten nun percorrido de 10 km, mentres que para @s máis cativos hai circuítos adaptados ás súas idades.
A primeira edición rendeu homenaxe a Julio César Constenla, pioneiro deste deporte no concello de Barro e na contorna.
Baixada de Carrilanas
Unha actividade deportiva con rodas, pero sen motor. Iso é a Baixada da Carrilana: unha proba puntuable no campeonato galego de inercia organizada en colaboración coa Federación Galega de Inercia onde a velocidade se alcanza grazas ás pendentes do monte Acibal.
Este deporte é bastante popular noutros lugares de Galicia, e a Barro chegou para quedar. Salvo a pausa imposta pola pandemia, a carreira realizouse cada ano desde 2016 acollendo a milleiros de persoas.
Deporte na Festa do Viño
No contexto da Festa do Viño realízase un diverso abano de actividades, non todas enolóxicas. Tamén se programan eventos deportivos. Entre eles, unha competición de tenis individual, e torneos de fútbol para diferentes idades.