Camino de Santiago

O Concello de Barro atópase, cruzado de Sur a Norte, polo Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

Camiño Portugués

O Camiño de Santiago supuxo historicamente unha fonte de entrada de recursos culturais e económicos en todo o país, e Barro non foi alleo a esta cuestión. A súa influencia pode verse, por exemplo, na arquitectura da igrexa de San Martiño de Agudelo.

Este percorre o municipio de sur a norte, desde o río Rons, que fai fronteira ao sur con Pontevedra, ata o río Agra, que fai fronteira ao norte co concello de Portas. O percorrido do Camiño por Barro coincide coa Vía XIX, unha das arterias de circulación da Gallaecia romanizada.

En todo o treito que discorre por Barro teñen principal valor patrimonial os primeiros metros após a súa entrada no municipio, na parroquia da Portela, pois aínda se conserva parte da orixinal calzada romana.

Cuarta etapa do Camiño Portugués

A cuarta etapa do Camiño abarca desde Pontevedra ata Caldas de Reis, o cal se traduce en pouco máis de 21 km, e engloba todo o treito do concello de Barro.

A orografía ten algúns desniveis, pero non demasiado complicados de superar andando ou en bicileta. É unha etapa na que se pode gozar da natureza, das paisaxes, do patrimonio e da gastronomía locais.

Merecémonos un alto

NO CAMIÑO

Pasar por Barro durante o Camiño

O roteiro de peregrinación atravesa un grupo de parroquias do municipio, especificamente A Portela, Agudelo e Barro.

As contornas naturais que caracterizan esta parte do Camiño proporcionan unhas vistas moi agradables e áreas de descanso.

Desde o punto de vista patrimonial, destacan antigos cruceiros como o de Amonisa, en cuxo fuste se representa a Santiago peregrino mirando cara a Compostela.

Aloxamento para peregrinos na Portela (Barro)

A partir da reconstrución dunhas antigas escolas na parroquia da Portela, adaptáronse como un albergue que abriu as súas portas en 2004.

O albergue atópase na Cancela, cun desvío de poucos metros do Camiño. Ofrece o servizo de poñer o selo, e a hospedaxe é exclusivo para peregrinos con credencial.

Albergue A Portela

Enderezo: A Cancela, s/n. — A Portela, Barro
Teléfono: 655 952 805

Taxi García Güimil

Enderezo: Casar, 28 – Agudelo, 36191 Barro
Teléfono: 619 064 621

Taxi Rosa María Fdez. Novo

Teléfono: 604 747 042