Biblioteca
O Concello de Barro dispón dunha Biblioteca Pública Municipal. Entre os seus servizos ofrece préstamos externos, salas de lectura, salón infantil, Wifi e sala de informática.
En xuño 2022 foi inaugurada unha aula tecnolóxica con novos equipamentos. Isto foi posible grazas á colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo e o Concello de Barro. O obxectivo é achegar as vantaxes da sociedade da información a usuari@s de todas as xeracións para reducir a fenda dixital.
Horario de inverno
- Luns, mércores e venres de 9:00 a 14:00 h.
- Martes e xoves de 16:00 a 21:00 h.
Horario de verán
- Luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Biblioteca Pública Municipal
San Antoniño Perdecanai, 12.
T. 986 714 806 / T. 690 722 812
omix@barro.gal
biblioteca@barro.es
https://barrobiblioteca.blogspot.com
Ven a ser soci@ da nosa biblioteca
Fai o carné e poderás coller libros en tódalas bibliotecas da rede.
Como teño que facer?
Paso 1
Chámanos ou preséntate na Biblioteca de Barro.
- Se tes 14 anos podes vir só.
- Os menores de 14 terán que vir acompañados polo pai/nai ou titor/a
Paso 2
Nas nosas dependencias, cubrirás un impreso. Tamén podes facelo online:
Paso 3
Ao darte de alta, obterás un número de persoa usuaria e un contrasinal, con eles poderás:
- Acceder á túa conta online.
- Descargar libros da colección dixital da Rede, GaliciaLe.
Preguntas frecuentes
Que caducidade ten o carné?
As persoas adultas 5 anos.
Os/as menores 3 anos.
Eu tiña o antigo carné da biblioteca, podo seguir usando?
Non te preocupes, mantés a túa condición de persoa socia. Pero debes pasar pola biblioteca para actualizar os teus datos e que che fagamos o novo carné.
Como buscar un libro na nosa biblioteca
O primeiro que temos que facer é ir á páxina web da rede de bibliotecas: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/
- Poñer a palabra clave: titulo libro, autor, etc.
- Escoller a biblioteca : Barro- Biblioteca Pública Municipal de Barro.
- Premer o botón buscar e automaticamente saen os resultados.
Agora QUE TES O CARNÉ E AS TÚAS CLAVES, podes empregar a opción de RESERVAR O DOCUMENTO.
A biblioteca de Barro terá preparada a túa reserva e poderás pasar a recollela.
CO TEU CARNÉ E AS CLAVES DE ACCESO, tamén podes:
- CONSULTAR PRÉSTAMOS vixentes e os anteriores realizados.
- RENOVAR os préstamos.
- ACCEDER a GALICIALE plataforma de préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelán
Caracteristicas do prestamo
- 21 días de préstamo. Podes traelo antes!
- Podes levar ata 3 libros
- Podes renovalo dende casa co teu usuario e contrasinal
- Chega un aviso ao teu correo electrónico o día antes de que venza o teu préstamo
GaliciaLe
PLATAFORMA DE PRÉSTAMO EN FORMATO ELECTRÓNICO
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
- Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A BIBLIOTECA DE BARRO ESTÁ DENTRO DA REDE.
- Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
PODES LER en liña
Comproba que dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles etc. para iniciar a lectura.
PODES LER mediante descarga , tes que ter:
- Unha conta Adobe ID.
- Ter instalada no teu equipo a aplicación Adobe Digital Editions en caso de que o teu dispositivo sexa compatible.
Aula de informática
Tamén tendes unha aula de informática onde podedes realizar os traballos de clase, consultar información escanear e imprimir.
A biblioteca ten actividades
Contacontos, obradoiros, etc. Temos un blog onde podes ver todo o que facemos!