• II Serán do Grupo de Danzas Amor Ruibal

    O vindeiro 21 de novembro, a partir das 21:00 h, o Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro celebrará na Nave da Música o seu II Serán. Unha foliada aberta que estará chea de música, tradición e moi bo ambiente.

  • Faladoiro co escritor Xesús Fraga.

    O Club de Lectura “Un ollo de vidro” continúa a súa andaina nesta tempada cunha nova lectura que promete reflexión e conversa: “Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga. Nesta obra, o autor conta a emigración desde a parte dos retornados. Esta novela é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres […]

  • CAMPAMENTO DIXITAL NO NADAL

    os días 22 e 23 de decembro, de 10:00 a 14:00, o Concello de Barro acolle o Campamento Digital, para nenos e nenas de 9 a 13 anos. Unha experiencia gratuíta para aprender xogando e descubrir o mundo da tecnoloxía! -Modalidade presencial – Prazas limitadas -Infórmate e inscríbete a partir do 17 de novembro ao […]

  • MOLTO BARROCO

    Molto Barroco é unha proposta escénica que reivindica, desde o teatro e o humor, as composicións musicais da época barroca. Da man de Píscore Teatro, o público poderá desfrutar dun espectáculo cheo de música en directo e comedia, no que o encargo do Rei ao Compositor da corte para crear unha peza orixinal, con motivo […]

  • CHAFALLAS, A VENDEDORA DE FUME

    CHAFALLAS, a vendedora de fume, é unha viaxe poética e chea de maxia polo imaxinario popular, protagonizada por unha muller nómade que percorre os camiños contando historias para gañar a vida. Coa súa casiña ás costas e palabras enroscadas coma un caracol, Chafallas mestura narración, música e humor para dar forma a un espectáculo tenro […]

  • CONVOCATORIA EXPOSICIÓN COLECTIVA 2026: Xuventude Ilustrada

    O Concello de Barro convoca a exposición colectiva Xuventude Ilustrada, unha iniciativa pensada para dar visibilidade aos artistas emerxentes do noso municipio. Queremos fomentar a creación e ofrecer un espazo de difusión e encontro para a mocidade creadora. DESTINATARIOS Mocidade empadroada no Concello de Barro. DISCIPLINAS: Pintura, debuxo, ilustración, fotografía, escultura, e máis técnicas artísticas. […]

  • Club de lectura”UN OLLO DE VIDRO”

    Lectura mes de agosto: Comerás flores, de Lucía Solla Sobral. RECOLLIDA NA BIBLIOTECA O XOVES 13 DE AGOSTO. Comerás flores é a primeira novela da autora Lucía Solla Sobral (Marín, 1989), unha voz nova no panorama literario actual. A obra converteuse nun auténtico fenómeno editorial grazas ao boca a boca dos lectores, destacando tanto pola […]

  • Especies de Espazos 2026

    Undécima edición. Venres 18 e sábado 19 de setembro. ACTIVIDADES DE BALDE CON INSCRICIÓN PREVIA Venres 18 ao 17.00 h  taller práctico de gastronomía enfocado na elaboración de pasta fresca. Máis tarde, ao 21.30 h, a xornada ofrecerá unha sesión de autocine coa proxección da película "Alcarràs", dirixida por Carla Simón. Sábado 19 ás 17.00 […]

  • SCAPEROOM CAMIÑOS DA CIENCIA

    Xoves 24, pon a proba o teu enxeño coa escape room “Camiños da ciencia: A ameaza invisible” ás 18:30, no Salón de actos da biblioteca.

  • XXVI Festival de Bandas de Música de Barro

    Este domingo 27 de setembro celébrase a 26 edición do Festival de Bandas de Música. Nesta ocasión contaremos coa Banda Música Municipal de Padrón e a Agmc Ribadumia. 🗓 27 de Setembro ⏰️ 17.30h 📍 Pavillón Polideportivo de Barro