Últimos eventos pasados

CHAFALLAS, A VENDEDORA DE FUME

CHAFALLAS, a vendedora de fume, é unha viaxe poética e chea de maxia polo imaxinario popular, protagonizada por unha muller nómade que percorre os camiños contando historias para gañar a vida. Coa súa casiña ás costas e palabras enroscadas coma un caracol, Chafallas mestura narración, música e humor para dar forma a un espectáculo tenro […]

MOLTO BARROCO

Molto Barroco é unha proposta escénica que reivindica, desde o teatro e o humor, as composicións musicais da época barroca. Da man de Píscore Teatro, o público poderá desfrutar dun espectáculo cheo de música en directo e comedia, no que o encargo do Rei ao Compositor da corte para crear unha peza orixinal, con motivo […]