Últimos eventos pasados

CONVOCATORIA EXPOSICIÓN COLECTIVA 2026: Xuventude Ilustrada

O Concello de Barro convoca a exposición colectiva Xuventude Ilustrada, unha iniciativa pensada para dar visibilidade aos artistas emerxentes do noso municipio. Queremos fomentar a creación e ofrecer un espazo de difusión e encontro para a mocidade creadora. DESTINATARIOS Mocidade empadroada no Concello de Barro. DISCIPLINAS: Pintura, debuxo, ilustración, fotografía, escultura, e máis técnicas artísticas. […]

Exposición CASTELAO GRAFISTA. Facsímiles,en Barro.

A exposición itinerante do ilustre rianxeiro chega a Barro neste 2025, Ano Castelao. O caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Buenos Aires, 1950) constitúe o foco desta exposición que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas. Con este proxecto […]