Últimos eventos pasados

CHAFALLAS, A VENDEDORA DE FUME

CHAFALLAS, a vendedora de fume, é unha viaxe poética e chea de maxia polo imaxinario popular, protagonizada por unha muller nómade que percorre os camiños contando historias para gañar a vida. Coa súa casiña ás costas e palabras enroscadas coma un caracol, Chafallas mestura narración, música e humor para dar forma a un espectáculo tenro […]

MOLTO BARROCO

Molto Barroco é unha proposta escénica que reivindica, desde o teatro e o humor, as composicións musicais da época barroca. Da man de Píscore Teatro, o público poderá desfrutar dun espectáculo cheo de música en directo e comedia, no que o encargo do Rei ao Compositor da corte para crear unha peza orixinal, con motivo […]

ZAPATOS. TEATRO PARA BEBÉS DE 1 A 4 ANOS E FAMILIAS

O sábado 20 de setembro ás 12:00 horas, no Pazo da Crega, terá lugar o espectáculo “Zapatos”, unha proposta especialmente pensada para bebés de 1 a 4 anos e as súas familias. A actividade, con entrada de balde ata completar aforo, busca ofrecer unha experiencia cultural adaptada ás primeiras idades, favorecendo o goce compartido do […]