I Carreira Popular

O concello de Barro, en colaboración co Club Atletismo +9, pon en marcha a I Carreira Popular da Festa do viño, nunha primeira edición que renderá homenaxe a Julio César Constenla, veciño de Barro pioneiro neste deporte na localidade de Barro.

A distancia a percorrer será de 1️⃣0️⃣ kilómetros, contará con 14 categorías distintas e con circuitos adaptados para todas as idades.

Exposición

XUVENTUDE ILUSTRADA.

A partir de mañá sábado día 18 de febreiro podedes pasar polo salón de actos da biblioteca pública de Barro, para visitar a exposición XUVENTUDE ILUSTRADA.
Con esta exposición buscamos difundir, reivindicar a presencia da ilustración, empregando un espazo público e de proximidade para dar visibilidade ás inquietudes artísticas da xuventude de Barro.

Bando 1

O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2022” Este ano ofrécense un total de 100 prazas para o mes de xullo e 50 para o mes de agosto. O prazo de presentación de solicitudes será do 13 ao 21 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.

Becas MEFP

Despois de solicitar a bolsa xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2023-2024, (prazo do 27 de marzo ao 17 de maio), en setembro abrirase un prazo para realizar as actualizacións necesarias (estudos a cursar, dirección, etc.)
Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP.
Se precisades máis información podedes pasar pola OMIX de Barro luns, mércores, venres e sábdo de 9:00 a 14:00 martes e xoves de 16:00 a 21:00.

Actualidade OMIX 1

O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2022” Este ano ofrécense un total de 100 prazas para o mes de xullo e 50 para o mes de agosto. O prazo de presentación de solicitudes será do 13 ao 21 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais. O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2022” Este ano ofrécense un total de 100 prazas para o mes de xullo e 50 para o mes de agosto. O prazo de presentación de solicitudes será do 13 ao 21 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.