Urbanismo
Urbanismo
O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro aprobouse definitivamente en marzo de 2003, aparecendo no Boletín Oficial de Pontevedra.
Nel, estipúlase que o desenvolvemento do Plan Xeral corresponderá ao Concello e demais Administracións Urbanísticas no ámbito das súas respectivas competencias. A súa execución realizouse de acordo con Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
Inclúese entre as responsabilidades dun Concello non só elaborar os instrumentos de formulación urbanística senón velar polo cumprimento rigoroso dos mesmos.
A existencia da Oficina de Información Urbanística responde á necesidade de ter unha vía de comunicación con particulares e institucións.
Tamén se inclúe no seu ámbito a tramitación de licenzas urbanísticas e outros procedementos de intervención administrativa.
Contacto arquitecto municipal: urbanismo@barro.es