Ponse en marcha o PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE CUNTIS 2026/2027, unha iniciativa compartida polos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Portas, A Estrada e Moraña, destinada a mellorar a empregabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A persoas desempregadas empadroadas nalgún destes seis concellos que pertenzan a algún dos seguintes colectivos:
-Mulleres desempregadas.
-Persoas menores de 30 anos.
-Persoas maiores de 52 anos.
-Persoas con discapacidade.
-Persoas migrantes.
-Persoas en risco de exclusión social.
QUE OFRECE O PROGRAMA?
Formación práctica, orientación laboral e prácticas en empresas en diferentes ámbitos profesionais:
* Loxística e almacén.
* Técnicas de venda, caixa e atención ao público.
* Informática básica.
* Habilidades sociais e traballo en equipo.
*Técnicas eficaces de busca de emprego.
*Soldadura, fontanería, electricidade e carpintería.
* Condución de carretillas elevadoras.
* Manexo de desbrozadora e motoserra.
* Prevención de riscos laborais.
* Manipulación de alimentos.
ADEMÁIS, CONTARÁS CON:
-Unha axuda de 10 € por cada día de asistencia ás actividades do programa.
– Posibilidade de apoio para facilitar a conciliación familiar.
– Acceso a recursos municipais como Cuntilín, a gardería municipal, Madrugadores, a ludoteca e o servizo de atención temperá.
Se estás desempregado/a e cumpres os requisitos, esta pode ser a túa oportunidade para formarte, adquirir novas competencias e achegarte ao emprego.
Infórmate e participa: 690722812 OMIX BARRO
Programa subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, con fondos finalistas do Servizo Público de Emprego