O vindeiro 6 de decembro volve unha das citas máis agardadas para @s amantes do ciclismo de montaña. Prepara a túa bici e ven gozar dun percorrido mimado ata o último detalle, pensado para vivir a mellor experiencia encima da bici e gozar do inmenso patrimonio natural que agochan os montes de Barro.
Reserva a túa praza canto antes, que voan! As inscricións xa están abertas a través da web da Federación Galega de Ciclismo: https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/36185-4a-RUTA-BTT-CAMINOS-DE-BARRO
Esta proba está organizada polo Concello de Barro e o Club Ciclista Ribadumia e coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, Protección Civil de Barro e as Comunidades de montes de Perdecanai, da Portela e de Barro

