Skip to content

A empresa Comercial de Vehículos Industriais TAR S.L. aséntase no polígono de Outeda

O Concello de Barro concedeu a licenza de construción á empresa Comercial de Vehículos Industriais TAR S.L. para a posta en marcha das súas novas instalacións no parque empresarial de Outeda. A firma elixiu este emprazamento estratéxico para expandir a súa actividade.

O proxecto situarase especificamente sobre as parcelas E-5 e E-6 do sector E do polígono. A nova nave contará cunha superficie construída de 1.672 metros cadrados, onde se instalará un taller especializado en servizos mecánicos e unha área destinada á exposición e venda de vehículos comerciais e industriais da marca MAN. O orzamento de execución material para as obras ascende a un total de 550.000 euros.

Con esta resolución, o polígono de Outeda continúa sumando novas empresas e consolidando a súa actividade económica